1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (1 Votos)
Roberto Laxe

Clica na imagem para ver o perfil e outros textos do autor ou autora

A Velha Toupeira

Unha situación catastrófica, salvo para os medios occidentais, que non se dan por aludidos

Roberto Laxe - Publicado: Segunda, 06 Julho 2015 00:40

Imaxinemos que Grecia vota non no referendo, e os falcóns do BCE directamente bótanos da UE.


É obvio que a economía grega se resintiria, seria enganar ao pobo dicer que non ía sufrir; pero esta claro que Grecia recuperaría a posibilidade de se rexer polas súas necesidades e non polas dos capitalistas e banqueiros europeos, enfundados nunha crise da que seguen sen saber como saír salvo dando lapotes de cego.

Esa posibilidade ten unha precondición, que sexa a clase traballadora e o pobo quen o encabecen. Se son os mesmos capitalistas gregos que levaron ao país á ruína actual, a autarquía non serviría de nada. Unha autarquía burguesa só conduce a máis pobreza, posto que o mundo segue sendo capitalista.

Hai outra perspectiva que non existía cando Arxentina entro en default a comezos do milenio; a existencia de China e Rusia. Que son o 120 mil millóns de euros que, din, Grecia debe aos bancos europeos, comparados cos 3 billóns de euros que a EE UU débenlle a China?. Que son o 120 mil millóns se o Estado Español débelle a China, segun o ministro de exteriores Margallo, 300 mil millóns, o 30% do PIB?

China, de feito, xa é dona do porto do Pireo.

Se Grecia abandona a UE podería ser empuxada aos brazos de China e Rusia, que acaban de crear unha alternativa ao Banco Mundial (onde participan, por certo, todos os países e estados europeos, con Alemaña á cabeza), modificando a correlación de forzas nunha zona tremendamente quente.

Neste cadro enténden-se os chamamentos de Obama a que a UE faga unha quita da débeda e peche a crise xa mesmo... Obama está a dicirlle aos provincianos europeos, enredados como sempre no seu localismo, que o que hoxe está en xogo non son 120 mil millóns de euros, senón o control do mercado mundial, dos beneficios xerados pola clase traballadora que caen nas arcas dos banqueiros e capitalistas norteamericanos e, secundariamente, europeos.

Iso é o que lles di a estes, deixarvos de parvadas e chiquilladas, que a cousa é moito máis seria que uns miles de millóns: é o dereito a explotar e saquear. E para reforzar a súa mensaxe, acumula soldados en Rota, armamento pesado en Polonia (lembran o chiste de Woody Allen, de que "cando escoita a Wagner -pobre Wagner-, danlle ganas de ocupar Polonia, pois iso, que non soe Wagner en Whasington), envía os seus destrutores ao mar Negro e os seus portaavións ao Mar de China.

Hoxe en Grecia, como en Ucraína, como en Siria, o mundo xógase moito, as condicións de vida da clase traballadora de cada país e do mundo, ou as condicións de explotación no futuro.

Obama non quere perder o seu papel hexemónico no mundo, pois é a garantia de que o 6% do PIB mundial vaia ás arcas norteamericanas sen necesidade de mover un dedo, só controlando o desbastar e aos marines, bástalle.

Pero se Grecia, pola infantilada dos europeos, vaise aos BRICS, ese dólar caería como unha pedra. E xa a temos leada, porque sairían os marines a evita-lo

Iso é o que Obama di, evitemos chegar a ese transo, porque Rusia/China, militarmente falando ("o poder está na punta do fusil"), non son Iraq nin Siria. Sabe que sería un choque que haria boas as palabras de Einstein, "non se como será a Terceira Guerra Mundial, pero a cuarta será con pedras".

Obama non se feito pacifista, senón que sabe das limitacións que ten nun tipo de enfrontamento como o que germinando dunha maneira inexorable.

É a crise capitalista a que empurra, gústelles ou non, a ese choque. Son as leis da produción capitalista as que están no fondo desta deriva de choque, e só acabando con elas poderase evitar o choque. O capitalismo é como o conto do alacrán e a ra; para cruzar un río, o primeiro pídelle á segunda que lle leve. Esta dille, pero vasme a picar e afundirémonos os dous. O alacrán contesta, non vouche a picar, porque morrería eu tambien... A ra, visto o visto, accede, e sobe ao alacrán ás costas. A metade de rio, o alacrán pica á ra, e esta grita. que fixeches, agora morreremos os dous!. O alacrán contesta: síntoo, pero está na miña natureza.

Afortunadamente, na realidade existe un terceiro personaxe, a clase obreira, que pola súa posición na sociedade -nas súas condicións de traballo e de vida sintetiza todas as opresiones, e por iso, só pode liberarse se rompe todas as estruturas sociais-, que pode coa súa loita, se quere, evitar derívaa de choque na que estamos inmersos.

Pero para iso é preciso que comenzemos a falar claro -a pesar das leis mordaza, a Acta Patriótica, etc.-, a crise capitalista non terminou, só cambiou de formas, a espuma, parte visible da onda, é parte da onda: agora é unha crise política -a política como economía concentrada-, polo control do mercado mundial, e non caben medias tintas.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.