Galiza - ADUCAB - A Asociación para a Defensa de Usuarios e Usuarias de Caixas de Aforro e Bancos celebra unha Asemblea Xeral o día 21 de maio ás 18:30 horas no Edificio de Ferro do Campus de Ourense, na sala Emilia Pardo Bazán sita no sótano do edificio.
Galiza - CS do Pichel - A Gentalha do Pichel organiza este domingo 26 de maio umha caminhada na que tenta combinar o conhecimento de espaços naturais com a conscientizaçom do estado de deterioro do país pola intervençom do humano.
Galiza - IES Perdouro - Nicola Bermingham, profesora do Departamento de Linguas e Estudos Interculturais da Heriot-Watt University de Edimburgo (Escocia), estará entre os días 18 e 30 do presente mes de maio en Burela para coñecer de xeito directo o Modelo de Planificación Lingüística aplicado na localidade.
Israel - Opera Mundi - [Breno Altman] Durante os primeiros trinta anos da existência do Estado de Israel, o Partido Trabalhista e seus aliados foram a força dirigente do país.
Galiza - CNT - O vindeiro sábado 25 de maio terá lugar en Cambados ás 18:00, no Instituto Francisco Asorey, rúa os Caeiros.
Galiza - Sermos Galiza - A música como sinal de identificación dun barrio. O proxecto “Música en branco. Memoria da Agra do Orzán” fai xirar un programa de acción arredor da memoria sonora e musical do barrio da Coruña. Xurxo Souto deu conta del no autobús da liña 7, a que atravesa o barrio.
Galiza - PGL - [Valentim Fagim] Esta semana decorrerão os lançamentos em Vigo, Compostela e Corunha.
Galiza - NÓS-UP - Avaliamos como positivo o encontro realizado na tarde de 16 de maio entre umha delegaçom da Direçom Nacional de NÓS-UP e a Executiva do BNG.
Galiza - BDS-Galiza - No próximo dia 22, BDS-Galiza presentará os manifestos en apoio á campaña global Boicote, Desinvestimentos e Sancións a Israel que promove en varios sectores da sociedade galega.
Galiza - Briga - A manifestaçom da Plataforma Queremos Galego acolheu o tradicional Bloco Laranja, onde a expressom popular do reintegracionismo lingüístico leva o seu cortejo.
Galiza - CNT - O próximo domingo 19 de Maio de 2013, as 18:00h. terá lugar unha charla - debate a cargo de José Luis Velasco Sanz , Economista e Historiador das Doctrinas Económicas, no salón de actos do ATENEO FERROLÁN, que leva por título: "O capitalismo nom está em crise, é assim. As mentiras do capitalismo. Soluçons económicas e sociais. A corrupçom política, a estafa bancária e o roubo capitalista".
Galiza - PDC - O pasado mércores, varias persoas desta Plataforma estivemos na Conferencia "Movementos sociais contra a megaminaría en Europa", no Parlamento europeo. Esta Conferencia tiña como obxectivo chamar a atención das institucións comunitarias sobre as graves repercusións que a minaría está provocando no noso territorio e noutras partes de Europa, e facer presión para que se cumpra a normativa europea. Permitiunos, ademais, coñecer de primeira man outros casos de proxectos salvaxes en Europa, como é o de Halkidiki (Grecia) e o de Rosía Montana (Romanía).
Galiza - Diário Liberdade - A Escola Semente e um espaço educativo interativo laico, de criatividade e inovaçom, onde som proporcionadas as ferramentas necessárias para o desenvolvimento das capacidades das crianças.
Galiza - PDMM - Diante das presións do alcalde de Moaña. J. Fervenza, para que o polígono industrial da Cruz da Maceira sexa incluído na aprobación definitiva do Plan Sectorial de Ordenación de Áreas Empresariais de Galicia (PSOAEG), a PDMM quere manifestar unha vez máis o seu rexeitamento a dito polígono, xa que estaría ubicado íntegramente dentro do espazo natural dos Montes do Morrazo, catalogado como solo rústico de especial protección de espazos naturais a nivel provincial, onde non están autorizados os usos industriais.
Galiza - Axóuxere - Logo de termos recibido un elevado número de propostas en relación á Convocatoria para a Residencia de Verán 2013 de Axóuxere, todas elas de grande interese, e coñecendo que a nosa tarefa como xestores culturais debe ser a de dinamizar e facer medrar o espectro contemporáneo na arte, na literatura e no pensamento, finalmente, e en consenso comunitario, decidimos seleccionar dúas delas. Deste xeito, lamentando ter que deixar outras -tan válidas ou tan interesantes como as elixidas- á marxe, presentamos estas candidaturas, que han concorrer nos meses de Xullo e Agosto, mantendo a editora contacto coas persoas elixidas a fin de determinar o tempo preciso da súa estada.
Galiza - Sermos Galiza - [Carlos Calvo] Os relatos do “contrato social” o “consenso” ou a “democracia” constituem a cobertura mitológica –a sociodiceia- de origem arbitrária e violenta dos regimes políticos que nos governam, como o saído da Transiçom. “A cada instante da sua existência –dim os Tiqqum-, a polícia lembra-lhe ao Estado a violência, a trivialidade e a obscuridade da sua origem”. O regime lingüístico galego, saído da criaçom da Autonomia e que arrastamos até hoje, nom é umha excepçom. Instaurado de jeito autoritário polos sobreviventes do franquismo contra um modelo prévio mais democrático e contra a vontade da imensa maioria da gente implicada na restauraçom do idioma –professorado, sindicatos, associaçons culturais, partidos políticos, intelectuais, etc.- a essência do Decreto Filgueira apreende-se no funcionamento da sua polícia: cumplicidade com os incumprimentos a nível normalizador; guerra aberta contra a heterodoxia normativa. Nengum professor foi sancionado por negar-se a dar as suas aulas em galego em quanto se perseguia todo um colectivo que dava ao seu alunado umha visom mais plural da língua galega.
Galiza - De volta para Loureda - [X. M. Pereiro] Queria contar duas histórias. Ao fim e ao cabo, é do que vivo. As duas passárom nos Estados Unidos há muito tempo. Umha foi a de umha mulher que topárom na rua, e nom fôrom quem de entendê-la, nem ela de dizer onde morava ou quem era. Metêrom-na provisoriamente num desses sítios que se chamam impropriamente “instituiçons mentais”. Primeiro protestou, depois resignou-se e finalmente afijo-se. Como ninguém a reclamou, passou ali 37 anos. Finalmente, descobriu-se que o que lhe acontecia é que era umha imigrante húngara que perdera a documentaçom. Ninguém se preocupara de distinguir o húngaro de umha doença mental.
Galiza - PGL - [Valentim Fagim] 1438, texto com origem em Ourense. "Que o dito que aposte os ditos baños et os alimpe ben, fasta o soo, de todo lixo et lodo que touveren et o tire fora dos ditos baños, en maneira que fiquen anbos a dous ben claros e ben limpos, tirando todas las pedras e lixuria fora dos ditos baños".
Galiza - ContraMINAçom - Representantes de varias das organizacións que integran o colectivo ContraMINAcción1 ofreceron unha rolda de prensa a día 16 de maio, para anunciar unha grande manifestación en Compostela para o vindeiro 2 de xuño, que partirá ás 12:00 horas da Alameda. Con esta manifestación, que as entidades organizadoras auguran masiva, preténdese expresar o rexeitamento que está a xerar o incremento de concesións mineiras en Galiza por parte da Xunta sen atender á salvagarda de espazos protexidos, comunidades humanas e medio ambiente; nin á defensa dos miles de persoas e postos de traballo que están ameazados polas actividades extractivas dunhas poucas empresas.
Galiza - SLG - Dende o Sindicato Labrego Galego, instamos ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, a poñerse do lado dos labregos e labregas da Galiza expresando publicamente o seu rexeitamento ao informe da Comisión Nacional da Competencia (CNC) sobre o borrador da Lei da Cadea Alimentaria. Como xa denunciou o SLG, este informe pretende abortar a introdución de prohibir as vendas por baixo dos custes de produción no texto definitivo da lei1. Para apoiar esta proposta, Feijóo debería facer que o PP de Galicia alegase o texto da lei pedindo que se introducise a prohibición de vender por baixo dos custes no articulado da lei, tal e como fixeron as outras forzas políticas do arco parlamentario galego. Se Feijóo non se opón ao informe da CNC e non fai que o seu propio partido alegue a lei para que se redacte en función dos intereses dos labregos e das labregas, dende o SLG entenderemos que, unha vez máis, os gobernos da Xunta e do Estado se poñen da banda das industrias e das distribuidoras para dar continuidade á extorsión legal ás explotacións agrogandeiras con prezos en orixe que nin sequera cobren o custe da actividade, e con condicións contractuais e comerciais leoninas que atentan contra as normas máis elementais do comercio. Non esquezamos que este tipo de prácticas de compravenda están detrás do peche de miles de explotacións en todos os sectores agrogandeiros, especialmente no lácteo, que levou, co paso dos anos, ao desmantelamento e desertización do noso medio rural, ao ficar en amplas zonas sen o seu principal motor económico.
Quem somos | Info legal | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.
Contacto: diarioliberdade [arroba] gmail.com
Desenhado por Eledian Technology
Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.
Clique em uma das opções abaixo.