1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)
Roberto Laxe

Clica na imagem para ver o perfil e outros textos do autor ou autora

A Velha Toupeira

Umha volta o pasado: a ruptura da "barbulla" politica

Roberto Laxe - Publicado: Quinta, 19 Abril 2012 00:55

Roberto Laxe

As recentes declaracions de Esperanza Aguirre chamando a desmontar o Estado das Autonomias, feitas baixo a loxica infame da direita, de lanzar um "globo sonda" á sociedade, para que moitos deles saian desmentindo, e o final digan que non queda outr remédio, como xá fixeran co "repago", côa Reforma laboral, cós impostos, etc. É o vello xogo do policia bom e o malo.


Pois bem, a estas declaracions veñen a xuntarse as propostas do Ministério do Interior de criminalizar os chamados desde as redes sociais, a resistência pasiva ou os piquetes diante de centros públicos.

O goberno do PP, que din que a folga xeral non sirviu para nada desminte cós feitos a sua propaganda. Se non servira para nada, porque se preparan para novas mobilizacions sociais, afiando as ferramentas represivas; porque como din o conseller de Interior da Generalitat, a "xente tem que ter medo".

Mais alo da ameaza concreta que supoen estas medidas contra as liberdades democráticas, contra os direitos que costaron "sangue, suor e bagoas" conquista-las, é evidente que as burguesias españolas apostan firmente pólo "medo" na poboacion frente á resposta social as suas políticas de recortes e ataques ós direitos sociais e laborais.

Com estas medidas, que xuntase a xá permanente lexislacion "antiterrorista", como a lei de partidos ou a consideracion de "kale borroka" das mobilizacions na rua, a situacion legal nas mobilizacions teñen retrocedido a era pré constitucional.

A constitucion do 78 foi um acordo entre as forzas do franquismo, com Suarez á cabeza, e as organizacions obreiras e populares, co PCE á cabeza. A loita antifranquista conquerira umha marxe de liberdades importante que foron garantidas a troques de non tocar os adminstradores do franquismo, côa lei de amnistia.

Mas o proxecto inicial da burguesia española non era a constitucion do 78, eso foi o maximo que concederan antes de ameazar seriamente cumha volta o pasado mais preto. A "reforma constitucional" fixose sempre baixo a ameaza do ruído de sables, é dicer, do golpe de estado e a volta á guerra civil.

O proxecto orixinal da burguesia era a chamadas Lei de Reforma Política do 76, aprobada em referendo o 15 de decembro dese ano, côa abstencion de toda a esquerda.

Esa Lei establecia as bases dun estado seudo democrático, e o aparello do estado franquista nas Cortes aprobouno maioritariamente, nun votacion que propagandisticamente chamaron "o harakiri do franquismo".

Nada mais lonxe da realidade, na Lei de Reforma Política estan a bases do rexime da Transicion, o papel do rei, dos partidos (chamados daquela "asociacions políticas", de feito, o rexistro que se abriu chamabase o "rexistro de asociacions políticas"), e das insitucions "democráticas".

A correlacion de forzas entre as clases sociais o longo dos anos 76-77, côa sucesion de mobilizacions sociais, obreiras e populares, pólos direitos laborais e politicos, conseguiron estirar esa tímida apertura ate os limites impostos nos pactos constitucionais.

A partir do 78 semellaba que a burguesia española renunciara o seu proxecto inicial, de reforma do rexime franquista, e co apoio dos partidos maioritarios, nomeadamente o PSOE e o PCE, asi parecia. Todos dixeron ate fai pouco tempo que o Estado Español entrara na sua era democrática, homologable ás europeas; e mentras a estabilidade econômica permitiuno, asi era. Vivíamos nunha "burbulla" de paz política, so rompida pólos atentados de ETA, e a represion sistemática no Pais Basco.

Mas, nesta chegou unha crise descoñecida... oh casualidade!, desde o 72-73, a crise esquecida por todos, pero que foi a que se levou por diante o mundo establecido trás a guerra mundial. Esta crise do capitalismo, que tem golpeado com especial dureza no Estado Español, baixou da burbulla econômica á sociedade española, tamen sacou da burbulla política.

De igual xeito que descubriron que o capitalismo so coñece empobrecimento e explotacion, descubriuse que o rei é umha institucion posta pólo franquismo, e que as institucions deste seguen vivas e coleando, atacando a todo o que se move (Garzon!), e que istas institucions son, na sua esencia, franquistas e represivas, pois asi foi garantido pólos pactos da Transicion.

Agora, trinta anos despois, a burguesia retoma o seu proxecto orixinal. Considera que diante desta crise non se podem permitir "xogos" democráticos e recuperan as maneiras que acordaran o 4 de xaneiro do 77, cando as Cortes franquistas, solemnemente, votaron a Lei de Reforma Política.

E trinta anos despois, a clase traballadora e os pobos do Estado Español, em loita contra as consecuencias dunha crise que non xeraron, vem como o rexime da Transicion a través do seu goberno tenta frear co medo e a represion á que se vem.

A victoria frente os ataques ás condicions laborais e os direitos sociais teñen unha precondicion, a compresion de que a defensa das liberdades, dos direitos políticos son esenciais para esa victoria. Sem elas é imposible organizar cun mínimo de garantias de victoria a loita contra os plans da Union Europea e o Rexime.

Non existe mitoloxia da "clandestinidade", as liberdades son umha ferramenta fundamental para avanzar na loita, para organizala. Por isso, as organizacions sociais, sindicais e políticas teñen que facer umha frente comum na defensa desas liberdades, e na denuncia do rexime que, como o ovo da serpe, incuba os represores.

Galiza, 12 de abril do 2012


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.