1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (1 Votos)
Alexandre Carrodéguas

Clica na imagem para ver o perfil e outros textos do autor ou autora

Em coluna

Baile de máscaras: Garzón e a Transición española

Alexandre Carrodéguas - Publicado: Sábado, 01 Mai 2010 02:00

Alexandre Carrodéguas

As mobilizacións a prol do xuíz Garzón amosan a realidade da famosa "modélica Transición". Os límites á reparación dos represaliados veñen dados polo pacto de silencio que supuxo a entrada na democracia.


A aceptación da monarquía, a aceptación da bandeira, a aceptación da unidade do Estado; esas foron as condicións que segundo José María Armero tiña que aceptar o PCE para a súa legalización. E isto non ten nada de exemplar, pois as democracias baséanse no antifascismo. Na Europa de posguerra, unha vez derrotado o fascismo, as democracias non se constituíron baixo a consigna do "consenso", senón que se basearon precisamente na súa derrota.

Se miramos para outros pobos vemos como a imitación da transición española resultou un fiasco. En Arxentina, a Corte Suprema tivo que declarar nula a Ley de punto final. En Chile, os cinco fillos de Pinochet, a súa viuva e os máis próximos á súa corte ditatorial foron procesados como autores de malversación de caudais públicos no marco do caso Riggs, e aínda están imputados.Por non recordar a desnazificación na Alemaña. Mentres tanto, no Estado español o imaxinario fundante da democracia vén ser o pacto da amnesia e o silenzo sobre o pasado que supuxo a chamada "Transición". Onde a democracia e disenso aquí resultaron de pactos cupulares onde, os transantes actuaron de costas as movilizacións sociais. Desta maneira non se pode construír un réxime verdadeiramente democrático. Da renuncia e o chalaneo nunca pode saír nada bon. Os que din que non se puido facer outra cousa dada a correlación de forzas, poda que teñan razón. Pero entón tamen teñen que asumir a súa responsabilidade e non facer da necesidade virtude. Os que daquela aceitaron os límites da reforma con Suarez, os Carrillo, os Felipe Gonzalez, aceitaron a impunidade dos crimes franquistas. E non poden vir agora rasgándose as vestiduras dos resultados do que eles pactaron para a democracia española. Estes límites son consecuencia dos pactos acadados co franquismo, que, por outro lado, tan louvados e pregonados teñen sido. Os que agora se manifestan a favor do xuíz Garzón, se fosen serios e honestos, terían que renunciar ó legado da Transición e aceptar que foi a propia transición a que nos trouxo esta democracia de tan baixa calidade. Teñen que ser conscientes de que o problema da reparación das vítimas non é un problema xurídico, senón político. Que o cerne do problema son as consecuencias da Transición. Daqueles polvos veñen estes lodos.

Os partidos que estan clamando contra inxustiza que se comete con Garzón, se queren, poden levar ó Parlamento a derogación da precontitucional Lei de Amnistía, poden levar ó Parlamento a anulación dos xuízos do franquismo, poden reclamarlle o Estado que solucione a vergonza das fosas etc. Se non fan isto é porque o partido de Zapatero e compañía necesita unha certa mobilización dos seus de cara as próximas eleccións e buscan neste tema unicamente a confrontación co PP, identificando o PP co franquismo para gañar votos. Cando todo o mundo sabe que a realidade do PSOE é que non se caracterizou precisamente pola loita contra a ditadura e el mesmo foi froito do mesmo pacto da Transición. Como vemos tamen estes día coa morte de Samarach, as declaraciós dos membros do PSOE non difiren en nada das do coro xeral de loa ó finado, esquecendo o pasado franquista do ex presidente da deputación de Barcelona. Isto proba a incapacidade para superar o franquismo e o baile de máscaras no que se ten convertido a política.

Sen dúbida, agora sabemos que a chamada Transición foi un espellismo que algúns tentaron vender polo mundo. Ignorando como moitos países poñian en marcha, comisións da verdade, derogaban leis de punto final e xulgaban criminais sen ningún medo. E aquí, aínda agora, hoxe os partidos maioritarios seguen a propiciar a desmemoria colectiva, tendo pasado do "Franco ha muerto" ao politicamente correcto ¡Viva el rey!'. Xa vai sendo hora de que remate este baile de máscaras.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.