1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)
Suso Garcia

Clica na imagem para ver o perfil e outros textos do autor ou autora

Em coluna

Reflexións para o Primeiro de Maio: por libre ou organizados?

Suso Garcia - Publicado: Quarta, 28 Abril 2010 02:00

Suso Garcia

Algúns dos nosos paisanos (non moitos) declaranse anarquistas, libertarios, librepensadores.


E como disto, loxicamente, non hai quen reparta carnets, estará ben crer nas súas boas intencións, aínda sabendo que tras estes epítetos poden esconderse moi diferentes formas de entender o mundo. Algunhas son meras estéticas e outras son ideas equivocadas e mixturadas. Erros que proceden na meirande parte das veces de distorsións interesadas que o propio Poder espalla sobre como ten que ser un ácrata.

Esquencereime daqueles que aínda chamandose libertarios, teñan na súas teorías e praxes unhas posturas e maneiras máis propias do Liberal, ou da progresía variopinta que hoxe tanto lle ten ser acrata, como mañan votar a ZP ou que navegan polos mares dunha neutralidade ben calculada.

Dirixome por tanto a quen chegou ao Ideal ben mamando as ideas do anarquismo clásico, do anarquismo comunista, ou do anarcosindicalismo, ou a quen por experiencias vitáis, viron no anarquismo unha ferramenta de loita contra as Inxustizas, ainda sen compartir no teorico os seus fundamentos.

A eles recordolles que toda esa enerxía ten sentido cando está organizada. Penso nos que aínda compartindo esto, non participan en grupo ne colectivo algún. E certo que hai que discutir sobre as formas de facelo. En grupos de afinidade, en plataformas, se o facemos sindicalmente, se traspasamos os ámbitos dos concellos ou se o facemos por cuestions xenericas ou puntuáis. Todas poden ser válidas, agás o aillamento, a marxinalidade grupal ou a militancia virtual.

No grupo o individuo aillado perde o medo, a impotencia e desmoralización convértense en forza, sentimonos parte do grupo, camiñamos xuntos, erramos xuntos, rexurdimos xuntos. As ideas teñan sentido cando son compartidas e sobre todo cando se intenta poñelas en practica.

Que mellor que un Primeiro de Maio onde os anarquistas organizados celebramos 100 anos da fundación dunha Organización que daquela soubo aglutinarnos a todos. Que mellor que un Primeiro de Maio para dar o paso de agruparse. Cada ún onde considere que non estou hoxe por facer apología de ningunha sigla.

Fagamos Sociedade Libre e Organizada para que o Estado e o Capital teñan atrancos á súa voraz dictadura. Fagamos grupo, fagamos utopía indo a raíz das cousas, sen quedarnos no teorico, poñamos en practica as nosas ideas. E iso non se pode facer desde o illamento.

Reflexións para que cada ún de nós, preguntémonos: Eu que fago? Agora temos unha oportunidade

Por libre ou organizados?


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.