1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (3 Votos)
Alexandre Carrodéguas

Clica na imagem para ver o perfil e outros textos do autor ou autora

Em coluna

Ferrol: Auga, fraude e corrupción

Alexandre Carrodéguas - Publicado: Segunda, 07 Setembro 2015 21:44

Estes días en Ferrol andamos a comprobar como se teñen subordinado os intereses dos veciños para beneficio unicamente duns poucos.


 Resulta que se nos dicía que se estaban a depurar integralmente as augas sucias de dez mil veciños da cidade e agora enterámonos de que todo era falso. Que non só se lles estaba a cobrar unha taxa ilegal a toda a veciñanza, senón que non se estaban a depurar as augas residuais, polas deficiencias das instalación da Edar de Cabo Prioriño. Isto amosa que as denuncias que se viñan facendo por parte de diversos colectivos da cidade deberon de ser atendidas moito antes por parte dalgunha autoridade competente. E agora tamén atopamos que tivo que ser o novo goberno municipal encabezado por Jorge Suárez quen destapara todas estas irregularidades e falsidades que tanto o anterior goberno municipal como a parte privada de Emafesa estaban a agochar.

A posta en marcha e as encomendas de xestión da Edar de Prioriño foron procesos totalmente irregulares e opacos, feitos ás presas, sen os informes preceptivos para imputar o cobro da taxa, e co único obxectivo de vender electoralmente un saneamento que non era tal. Chegouse a facer unha visita a depuradora en marzo deste ano por parte da conselleira de medio ambiente e do anterior alcalde felicitándose de que Ferrol xa estaba a depurar integralmente un millón e medio de metros cúbicos de augas residuais e de que gracias a xestión "popular" a ría era xa apta para o marisqueo e para o baño, esta campaña foi moi intensa en prensa radio e televisión nos meses previos as eleccións municipais. Non só se estaba a contaminar o medio mariño senón como que tamén se estaba a intoxicar a opinión pública.

O único que estaban a facer as autoridades disque competentes era verter directamente o mar as augas residuais sen depurar, provocando con elo unha grave contaminación ambiental e un posible delito ecolóxico nunha zona declarada rede natura 2000 e con un grande interese natural.

Esta cadea de despropósitos e intereses espurios débese no fondo mestizaxe do poder político e económico que vivimos ou padecemos nos últimos anos. Comidas como a que tivo lugar recentemente en Cedeira onde se reuniron Rajoy, Feijoo e Florentino exemplifican moi ben esta forma de facer política e negocios que era e segue a ser moeda común por estes pagos. E iso é o que temos que cambiar agora, incentivando e participando nos procesos de unidade popular para cambiar este tipo de cousas.

E para que os subministros básicos das familias, auga e luz estean garantidos e non estean sometidos aos intereses deste capitalismo feudal que padecemos. Na nosa man está reverter os procesos de privatización e sometemento a intereses que non son os das maiorías sociais. A auga non pode seguir a ser controlada por grandes multinacionais, o control democrático da súa xestión, como vemos no caso de Ferrol, é básico.

A auga ten que volver a ser un dereito humano esencial, un ben non suxeito nin a especulación nin a obtención de beneficios para as empresas privadas: En Ferrol, despois da chamada "crise da auga" e agora logo de terse destapado o cobro fraudulento da taxa de depuración, temos un exemplo magnifico de como con estes modelos de xestión privada os interese xerais quedan sempre relegados nun segundo plano.

Non podemos nin debemos seguir aturando este tipo de atropelos. Iniciemos todos xuntos o camiño da remunicipalización. Motivos hai dabondo.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.