1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)
Alberte Momán

Clica na imagem para ver o perfil e outros textos do autor ou autora

O pasteiro

SOFOR, o monte roubado

Alberte Momán - Publicado: Sexta, 30 Julho 2010 16:17

Alberte Momán

É posible que lembremos, como durante o franquismo se tentou eliminar as propiedade comunal para beneficio de empresas adscritas ao réxime.


Hoxe, o novo réxime 'redefinido', crea a posibilidade legal, por medio dun decreto, de reducir a capacidade de decisión dos propietarios sobre o monte, e non para beneficio común, como sería o desexable, senón para beneficio das empresas que se adhiran á xestión, e todo con cartos públicos.

As SOFOR serán sociedades de xestión forestal que substitúan ás antigas UXFOR, creadas polo bipartido. A diferenza das derrogadas, as SOFOR van supor, por unha parte, un aumento da presión fiscal sobre so propietarios que decidan unificar os seus terreos para facer unha xestións conxunta e, consecuentemente, unha maior complexidade para a súa creación e administración. Por outra banda, ábrese a posibilidade de que empresas privadas, alleas á propiedade do terreo, podan facerse cargo das superficies, cunha concesión de duración mínima de 25 anos, e con participación no consello de administración da sociedade, de até o 49% en función do capital social aportado, pasando a decidir todo ou case todo sobre as posibilidades reais do monte. Isto último, deixaría a propiedade en mans das devanditas empresas. Non propiedade legal, pero si real das superficies.

A maiores, o decreto das SOFOR, considera tan só un tipo de aproveitamento a curto prazo do monte. Cando menos iso será o subvencionable. Anulando as posibilidades de diversificar as producións. Despois de anos de goberno Fraga, coñecemos xa cales son tales aproveitamentos a curto prazo, xa que o monocultivo de eucalipto para celulosas é máis que evidente no noso país.

Trátase, como conclusión, xa non dun sistema que actualiza a era Fraga, senón que retrocede aínda máis e retoma as vellas ideas do franquismo.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.