1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)
Alberte Momán

Clica na imagem para ver o perfil e outros textos do autor ou autora

O pasteiro

Fóra de lugar

Alberte Momán - Publicado: Sexta, 14 Mai 2010 11:12

Alberte Momán

Atopábame traballando en Oroso, sen relación algunha xa co Sindicato Labrego Galego, cando comezou a campaña da organización agraria, durante as últimas eleccións nacionais, conminando a afiliados e colaboradores a non votar polo BNG. Un afiliado da zona, adscrito á liña da actual secretaria de organización, visitaba, como antano, as cociñas das familias para convencer da conveniencia dun outro voto distinto ao da opción frontista.


Con pouca sorpresa, asistín á consolidación do Encontro Irmandiño, coa aproximación de persoas ligadas ao SLG. A parte escura da política, evidénciase sempre nesta necesidade imperiosa de apoios, con independencia das actitudes, coherencia, incluso ideoloxía dos e das que conflúen en tales achegamentos. Supoño que EI contaba con que unha base social, vinculada á organización agraria, sumase forzas na súa aproximación á cúpula do BNG. Mais, eran e son malos tempos para unha organización agraria que perdeu o apoio das bases, dinamitou a confianza que nela depositaran anos atrás os afiliados e afiliadas, labregos e labregas preocupadas polo seu futuro profesional e de todo o sector. Feito que quedou evidenciado coas mobilizacións, desligadas das distintas organizacións agrarias, realizadas por Gandeiros Unidos, que expulsaron das súas actividades, incluíndo momentos de tensión, á actual secretaria xeral das Labregas. Consciente das súas limitacións, o SLG comezou a deixarse ver entre as correntes 'alternativas', políticas e de acción, mais coa problemática de que son entornos demasiado urbanos como para corresponder aos intereses da organización. Con todo, son lugares moi axeitados para deitar o discurso ambiguo e pouco definido que hoxe en día impera nas organizacións vencelladas ao agro.

Como resposta particular ás últimas declaracións de Concha Trigo, membro de EI presente no Consello Nacional do BNG, que solicita un maior achegamento da organización frontista ao Sindicato Labrego, e alén das disputas internas que distancian posturas, mais por unha actitude infantil de conflitos persoais que por verdadeiras diferenzas políticas, cómpre aclarar que se ben é certo que o BNG converteuse nunha organización socialdemócrata que perdeu o norte nas súas reivindicacións fundamentais, que eliminou progresivamente todo contacto coa base social que o sostiña, non pode relacionarse cunha organización como o SLG, até que esta limpe a súa imaxe, luxada nos últimos anos ao saír á luz o tratamento vexatorio que ofrecía a traballadores e traballadoras, aos salarios de miseria que, aínda hoxe, non respectan convenios colectivos, até que pida perdón e rectifique, até que retome o seu interese pola clase e se deixe de servir de moeda de cambio, comprando e vendendo apoios para formar parte do aparato máis escuro da política.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.