1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)
Alberte Momán

Clica na imagem para ver o perfil e outros textos do autor ou autora

O pasteiro

Facer e desfacer

Alberte Momán - Publicado: Quarta, 07 Abril 2010 11:04

 

Alberte Momán 

No momento no que a Consellería do Medio Rural do bipartito elaborou o plano do Contrato de Explotación Sustentable, ligado ao Aconsellamento de explotacións, estaba consolidando a condena ao ostracismo das Oficinas Agrarias Comarcais e poñendo en mans privadas a responsabilidade das boas prácticas nas explotacións galegas.


Con todo, confirmouse como unha ferramenta pensada para a mellora sanitaria e ambiental ligada ao ecosistema agrario, reafirmando a idea da non dependencia das explotación de insumos externos e creando unha estrutura de autoabastecemento que mellorase os seus beneficios económicos. Neste sentido, proxectos como o Banco de Terras, podían supor un elemento fundamental na estratexia de extensificación nas producións agrarias, afondando na premisa base que antes mencionaba.

Hoxe en día, a nova política de redución de axudas, pon en perigo o cambio que se estaba a producir. A mudanza drástica na orientación das axudas, eliminando as restricións que impedían premiar sempre ao que máis ten, agardando dar unha oportunidade as explotacións máis desfavorecidas, incide no risco de abandonos masivos e no predominio dun sistema de produción que non respecte en absoluto unhas normas básicas de interacción co medio.

O abandono, por parte da actual Xunta de Galiza, do seu compromiso coas explotacións galegas, deixa o sector leiteiro en mans de empresas foráneas, véxase o recente caso de Puleva, defendendo as máximas de concentración de produción nun número pequeno de explotacións e o absoluto control de prezos. O neloliberalismo e a deslocalización como única estratexia de desgoberno que ha deixar para este país un futuro de folclore e turismo rural, que afonda nas perdas económicas, de proxectos como o do Xacobeo, camufladas polas fortes inxeccións de cartos públicos e nunha constante degradación do medio natural e socio-ecómico do rural.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.