O sindicato CNT vén impulsando accións e mobilizacións ao longo do mes de setembro contra os responsables e beneficiarios da enésima crise económica. Se os pasados 30 e 31 de agosto realizáronse accións e ocupacións en decenas de delegacións e servizos de emprego, para os días 13 e 14 de setembro convocáronse mobilizacións contra a banca e o rescate financeiro.
CNT rexeita todas as medidas tomadas para o chamado rescate á banca, desde as iniciadas polo goberno do PSOE, as que agora impulsa o goberno do PP e as institucións europeas, até a recente reforma financeira coa creación do "banco malo". Estas decisións lexislativas enmascaran unha masiva operación de socialización de perdidas e privatización de beneficios baseada no espolio da sanidade, a educación e demais servizos públicos.
A nosa organización anarcosindicalista oponse ao pago da débeda, que considera un mecanismo especulativo de sometemento da clase traballadora que comprometerá por anos as posibilidades dunha vida digna para a maioría da sociedade. Así mesmo rexeitamos as formulacións da "Cimeira Social" impulsada por CCOO e UXT, considerando que a esixencia dun referendo ou unha consulta social son medias inútiles que só pretenden desviar a mobilización social de medidas máis contundentes.
Durante anos a banca e o sector inmobiliario inflaron unha burbulla especulativa que proporcionou enormes beneficios a banqueiros, construtores e promotores inmobiliarios, mentres convertían nun produto de luxo un dereito básico como é unha vivenda digna. Millóns de traballadores e traballadoras acabamos escravizados por hipotecas e préstamos para acceder á vivenda e outros produtos de consumo ante o estancamento dos salarios reais. Outros moitos, especialmente os máis novos, nin sequera podiamos acceder á vivenda, padecendo o emprego precario que esa mesma burbulla especulativa producía.
Cando a burbulla picou, o poder político unido ao poder financeiro por fortes lazos e anos de prácticas corruptas acudiu ao socorro dos bancos nunha xigantesca operación de socialización das perdidas, mentres que os beneficios hai tempo que están a recado nos paraísos fiscais.
Dedicáronse enormes cantidades de recursos públicos a evitar a quebra bancaria, recursos que se obtiñan dos recortes nos servizos sociais, sanidade e educación pública, prestacións por desemprego, pensións, etc. Unha práctica iniciada polo goberno do PSOE e profundada polo goberno do PP. Millóns de euros que non foron utilizados para xerar emprego ou financiar necesidades sociais, como alegaba a propaganda gobernamental, senón que foron acaparados polos bancos, nos escuros buracos dos balances contables, cando non foron prestados de novo ao estado a un alto interese, en prácticas usureiras que xeraron unha débeda que pagamos todos.
Mentres, os directivos dos bancos seguen cobrando millonarios soldos e bonos sen que a ningún deles pedir responsabilidades pola súa xestión. Unha banca que, mentres acumula centos de miles de vivendas baleiras nos seus inchados balances, practica unha política de desafiuzamentos masivos que levou por centos de miles de familias obreiras a perder a súa vivenda, mentres seguen encadeados a débedas para sempre. Unha banca á que mediante o chamado "banco malo" o estado vaille comprar este enorme parque inmobiliario sobrevalorado, sen darlle uso social algún, para permitirlles recuperar a súa taxa de beneficio mentres de novo todos asumimos as perdas.
Todo isto non é senón un xigantesco atraco contra os traballadores e traballadoras. Un espolio contra a sanidade, a educación e demais servizos públicos, a mans de políticos ao servizo da banca que tratan de encadearnos ao pago dunha débeda ilexítima que comprometerá por anos as posibilidades dunha vida digna para a maioría da sociedade.
Por todo isto, desde CNT chamamos o 13 e 14 de setembro a actuar contra a banca e a organizarnos para:
• Romper coa cadea da débeda, negándonos a pagar unha débeda ilexítima e que non xeramos, negándonos a aceptar a chantaxe das institucións financeiras para a imposición de recortes de dereitos.
• Desenmascarar aos beneficiarios desta gran estafa, denunciando e actuando contra quen están detrás dos movementos especulativos e as prácticas usureiras, aclarando o destino dos recursos públicos dedicados á banca. Acabar coa complicidade da banca coa evasión fiscal e os paraísos fiscais, tomando medidas contra os mesmos.
• Denunciar a complicidade dos partidos políticos e o silencio cómplice do sindicalismo institucional con anos de prácticas partidistas especulativas, corruptas, derrochadoras e antiecolóxicas desde as administracións e os consellos de administración de bancos e caixas de aforro.
• Esixir a paralización dos desafiuzamentos de traballadores e traballadoras, recuperando baixo control obreiro os centos de miles de vivendas da banca dando unha finalidade social os centos de miles de vivendas da banca.
• Romper cun modelo político e económico ao servizo da elite financeira, e construír outra sociedade onde recuperemos o control da economía, e dos inmensos recursos acaparados pola banca, das nosas vidas e dos nosos recursos para polas ao servizo da satisfacción das necesidades de todos e todas.
