"Se a autodeterminación fose un partido político, nestes momentos sería o primeiro partido político de Cataluña, cousa que reflicte que o proxecto que consegue un apoio máis importante é a autodeterminación". Así o subliña Uriel Bertran, portavoz da Coordinadora que organiza as consultas, para quen o nivel de participación, aínda descendendo respecto ás realizadas o pasado mes de decembro, amosa que a iniciativa está consolidada. Betran tamén insiste en que, máis que o dato final de participación, é importante o éxito da organización do proceso en si.
Para a Coordinadora, as cifras indican que as consultas reveláronse como un fenómeno social imparábel malia os intentos por obstaculizalas. Chaman a atención sobre o "baleiro mediático, desprezos e paus nas rodas" que atrancaron o traballo das asembleas organizadoras locais. "Non puideron acabar coa consulta independentista, un proceso que segue adiante", afirman, salientando que a cita desta última fin de semana é ponte cara ás convocatorias do próximo 25 de abril, onde están chamadas a votar un millón de persoas máis. Na xornada deste domingo, a cifra máis alta de participación rexistrouse en Bergedà, onde o 56,58% da veciñanza convocada acudiu ás urnas.


Diário Liberdade defende a discussom política livre, aberta e fraterna entre as pessoas e as correntes que fam parte da esquerda revolucionária. Porém, nestas páginas nom tenhem cabimento o ataque às entidades ou às pessoas nem o insulto como alegados argumentos. Os comentários serám geridos e, no seu caso, eliminados, consoante esses critérios.