1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (3 Votos)

Protesto polos seis anos da morte de Diego Vinha sob custódia policial

101010_concentracomdiegovinhaGaliza - Esculca/CDG - A Comisión de Denúncia de Galiza convoca unha concentración para esixir o esclarecimento dos feitos que levaron à morte de Diego Viña no Cuartel da Guarda Civl de Arteixo hai agora 6 anos onde ingresara depois de ser denunciado polo seu pai Carlso Viña (ex-guarda civil e na actualidade imputado no procedimento por denúncia falsa).


A concentración terá lugar o dia 12 de Outubro (dia da Patroa da Guarda Civil) às 12:00 no parque situado diante da igrexa nova de Arteixo.

Pola concentración celebrada hai agora dous anos con este mesmo motivo, ainda se tramita procedimento penal contra 12 persoas acusadas por un delito de desordes pública.

A seguir o texto da convocatória. Pode se aceder ao cartaz aqui.

Queremos saber!

"Antecedentes: O 22 de setembro de 2004, Diego Viña de 22 anos, falece aforcado no Cuartel da Gardia Civil de Arteixo (A Coruña) tras ser denunciado polo seu pai Carlos Viña, (ex garda civil e na actualidade imputado no procedemento por denuncia falsa).

Daquela, Diego Viña foi ingresado nos calabozos do Cuartel da Garda Civil (GC) de Arteixo tras unha detención ilegal practicada polos axentes da autoridade; sen que existiran indicios de delito, a esta circunstancia súmase o feito de que a GC negouse a administrarlle tratamento médico durante a detención.

Asemade, entre outras inadmisibeis irregularidades producidas durante a detención esta o feito da desconesión das cámaras de vídeo vixiancia do calabozo no que se atopaba Diego, así como que a principal proba do indicio do suicidio, "o pantalón co que din que se aforcou", desapareceu "misteriosamente do Cuartel" por terse "tirado ao lixo pola Garda Civil, tal e como así foi recoñecido polo Tenente do mencionado Cuartel".

O suposto suicidio por aforcamento, enmárcase nun conxunto de circunstancias máis que escuras e escabrosas e nun cúmulo de irregularidades, que deron como resultado a interposición de tres denuncias contra os axentes responsabeis como autores dos delitos de detención ilegal, denuncia falsa e homicidio por imprudencia grave.

Na actualidad e tras mais de seis anos de protestas e procesos xudiciais, a causa polo esclarecemento da morte de Diego Viña segue barada no Xulgado de Instrucción n 5 desta cidade de A Coruña. Xulgado este, que a pesares de ter tomado declaración aos axentes responsabeis en calidade de imputados, segue sen rematar o procedimento e propiciar a celebración do xuizo oral. Esta dilación na tramitación dun procedimento pola morte dun rapaz é inadmisible, e unha vez mais provoca nos familiares e na sociedade en xeral un absoluto desamparo e sensación de impunidade, sombra que planea a dia de hoxe sobre a falta de garantias nas actuacións das Forzas de Seguridade do Estado, falta de vontade política no control dos excesos e vulneracións, e por suposto ausencia de xustiza social.

Por este motivo, a Comisión de Denuncia de Galiza, convoca un ano mais unha concentración o dia 12 de Outubro de 2010 (dia da patrona da Garda Civil) as 12,00 horas da mañán ante a Igrexa Parroquial de Arteixo (perto do Balneario), onde asistiran familiares dos/as fallecidos/as, persoas a titulo individual e a Comisión de Denuncia en Xeral.

Este acto, é unha protesta colectiva de todas as familias, nais, pais, irmaos, irmáns e amizades que perderon a un ser querido nos centros de detención.

Estas mortes e tantas outras que permanecen ocultas, son a mostra da deleznabel vulneración dos direitos mais básicos do ser human. Estas familias que foron iñoradas, enganadas e perseguidas por reclama-la verdade, berran agora dende a mais absoluta dignidade:

¡XUSTICIA PARA SEUS FILLOS/AS!

¡ESCLARECIMENTO DAS CIRCUNSTANCIAS DAS MORTES!

e o mais importante,

¡QUE NUNCA MAIS UN SER HUMAN SEXA MALTRATADO, HUMILLADO E ASESINADO NOS CENTROS DE DETENCIÓN DO ESTADO!

"NON MAIS MORTES BAIXO CUSTODIA"

Fontes: Esculca e Comisión de Denuncia de Galiza

Foto: Kaos en la red


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.