1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

Greve Geral e manifestaçom da CGT em Ponte Vedra

300111_pteGaliza - CGT - A manifestación convocada pola CGT como culminación da xornada de loita e greve xeral do 27 de xaneiro era a segunda e última das celebradas en Pontevedra ese día.


Rematou ás 20,30h fronte á Delegación do Goberno. Dende o punto de partida na Praza da Ferrería cerca de cen de manifestantes recorreron algunhas das principais rúas da cidade.

Durante todo o percorrido da manifestación foron coreadas consignas contra a reforma das pensións, a reforma laboral, os despedimentos e expedientes de regulación de emprego, contra os gobernos e a patronal, a represión contra os sindicalistas da CGT (en particular referencia ós tres despedidos en Citroen-Vigo) e a favor da necesidade de continuar as mobilizacións logo desta greve xeral.

Ao término da manifestación, o secretario da F.L. de Pontevedra dirixiuse ós presentes, para reafirmar a necesidade da mobilización contra a traición sindical e social que esa mesma mañán tiña ofrecido un dos exemplos más vergoñentos dos últimos anos: a sinatura polas cúpulas de CC OO e UXT dun pacto co goberno para dinamitar o sistema público de pensións.

A greve xeral tivo un seguimento moi irregular en Pontevedra e comarca. Pecharon a maior parte dos talleres do polígono industrial do Campiño, do mesmo xeito que os concesionarios de automóviles, con alguna excepción. Tamén fixeron greve os traballadores da limpeza pública. O seguimento da greve no transporte foi reducido, ainda que no porto de Marín o paro foi masivo, tanto nos frigoríficos como no transporte portuario e administración. Lamentablemente a incidencia da greve foi muito menor, moi escasa, no sector de servicios, na banca, no pequeno e mediano comercio, nos medios de comunicación e tamén na administración pública e no ensino.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.