1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (3 Votos)

Espanha sofre na sua propria pele o desprezo que sente polo português da Galiza

290111_galiza_galego_portuguesUnião Europeia - Galiza Hoje - O castelám perde na UE.


O español non é válido como lingua de prestixio comercial na Europa, status que a partir de agora terán somentes o inglés, o francés e o alemán co novo sistema de patentes, aprobado onte no Parlamento europeu. O sistema, que bota a andar en doce países, pretende abaratar os custos das patentes, dez veces máis caros que nos Estados Unidos.

O Partido Popular (PP), que no Estado español se opón ao apoio das linguas non-castelás no Senado, uniuse ao PSOE para protestar contra a expulsón do castelán como lingua comercial da Unión Europeia. Onte a comisión de Asuntos Xurídicos do Parlamento Europeu deu luz verde a que doce dos vinte e sete estados membros tomen a dianteira na aplicación dun sistema de patente única, que o alemán, o francés e o inglés como os tres idiomas comúns da comunidade. A proposta partiu, ademais, do Partido Popular Europeo (PPE), en que se integra a formación de Mariano Rajoy.

O obxectivo da patente única, válida en todos os países participantes, é abaratar custos de tradución e validación, ao que culpan de que unha patente na Europa custe dez veces máis que nos Estados Unidos, co correlativo menoscabo á competitividade e atractivo europeu para os investigadores e empresarios.

Segundo declarou na súa intervención no debate o eurodeputado popular Antonio López-Istúriz, "non entendemos por que esta velocidade. O prazo de presentación de emendas foi nimio e non tivemos tempo de ler a opinión dos servizos xurídicos, que ademais só está dispoñible en inglés". O eurodeputado apuntou igualmente que a proposta "corre o risco de fraccionar o mercado interior".

Doce países (Dinamarca, Estonia, Finlandia, Francia, Alemaña, Lituania, Luxemburgo, Países Baixos, Polonia, Eslovenia, Suecia e Reino Unido) solicitaron iniciar o procedemento de cooperación reforzada para promover a proposta.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.