1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (1 Votos)

Feijó, protagonista de 80% das notícias políticas da TVG

160310_feijo.jpgANT [MV]  - Cambiou o Goberno e cambiaron as denuncias sobre a 'manipulación da CRTVG'. Se na lexislatura pasada eran os conservadores os que cargaban contra 'Teletouriño', agora é o PSOE quen se queixa do 'enorme escándalo de manipulación' dos informativos da TVG. 


Fano, iso si, con cifras na man. O presidente da Xunta sae no 80 por cento das noticias dos telexornais sobre política, fronte ao 9 por cento que ocupa o líder do PsdeG. Manuel Vázquez é incluso superado polo seu homólogo do BNG, Guillerme Vázquez.

O resto de tendencias políticas no país (UPyD, Tega, EU, FPG, Nos-UP, etc.) simplemente non existe para os informativos da televisión pública. Así o denunciou hoxe o deputado Ricardo Varela nunha rolda de prensa, na que presentou os datos dun estudio sobre os telexornais de xaneiro.

Antes de chegar ao poder, tanto Feixóo como Touriño prometeran reformar a CRTVG para que o seu director fose elixido por maioría de tres cuarta partes da Cámara. O bipartito non cumpriu a súa promesa en catro anos e os conservadores tampouco moveron un dedo no seu primeiro exercicio na Xunta.

Os socialistas quéixanse de que o Bloque saia máis que o PSdeG

Os datos apuntan a que o máximo mandatario autonómico acaparou "tres horas e cinco minutos" dos informativos galegos, fronte a algo "máis de 20 minutos" do líder socialista e "máis de 21 minutos" do voceiro nacional do BNG, Guillerme Vázquez.

Para Varela, que ao Bloque se lle conceda "máis tempo" que ao segundo partido de Galiza "non ten precedentes" e a esta situación sumou que, no apartado nacional, o PP ocupou 59 minutos fronte a 26 do PSOE. "A única explicación é que a TVG é un instrumento para borrar do mapa informativo aos socialistas", concluíu segundo resume Europa Press.

Avalou esta hipótese ao censurar que "o 80 por cento" das intervencións de Manuel Vázquez na TVG son "en ton negativo". "Para máis inri!", exclamou, tras evidenciar que a súa presenza nos informativos da televisión pública de Galiza significan "o nove por cento" do seu tempo total.

Tras lamentar que a televisión galega vai camiño de converterse "en tele Esperanza", ao igual que TeleMadrid, o deputado do PSdeG criticou tamén que en manifestacións como a de Vigo en contra da fusión das caixas e a dos docentes contra o decreto do galego no ensino "tiveron máis tempo" os detractores que os propios convocantes.

Oposicións

Por todo, avanzou que o seu grupo pedirá a comparecencia do director xeral da CRTVG, Alfonso Sánchez Izquierdo, co fin de solicitar explicacións sobre o "sectarismo e a información partidista" que ofrece o ente público. Ademais, ante estes "abusos e atropelos", os socialistas pedirán o amparo do Valedor do Pobo.

Finalmente, Ricardo Varela evidenciou que esta "manipulación" trouxo consigo unha "falta de credibilidade", posto que os informativos da TVG experimentaron un descenso do "15 por cento" no pasado mes de xaneiro con respecto ao mesmo período de 2009.

"O funcionamento da CRTVG é un fracaso absoluto", resolveu, para lamentar tamén a súa "perda de autonomía informativa" e os seus problemas laborais. "É un caos no laboral e no informativo", insistiu, para concluír reclamando un plan que achegue estabilidade ao persoal dos medios públicos galegos. Iso si, Varela non foi quen de concretar a proposta do PsdeG para solucionar o conflito laboral no ente.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.