1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (1 Votos)

210814 bemestarGaliza - CIG - A Xunta amplía os concertos con residencias de maiores privadas mentres mantén o incremento cero de prazas públicas.


A Xunta vai destinar este ano 2,7 millóns de euros para a xestión privada de residencias de persoas maiores, ao tempo que recorta orzamentos para os centros públicos, deteriorando a calidade dos servizos. O Sector de Autonómica da CIG-Administración vén de denunciar a ampliación dos concertos con residencias privadas para a atención de dependentes, mentres a Consellaría de Traballo e Benestar mantén o incremento "cero" nas prazas das residencias públicas.
20100108maiores
O DOG do luns 18 de agosto, publica o anuncio de contratación de xestión de servizos públicos para a reserva e ocupación de prazas residenciais para persoas maiores en centros privados en diversos concellos de Galiza. O orzamento da licitación é de 690.044 euros, que supón a ampliación dos concertos con residencias privadas e un desembolso do erario público de 2,7 millóns de euros no ano 2014.

Para a Sección Sindical da CIG en Traballo e Benestar, con este anuncio "Beatriz Mato está finalizando, durante este verán, a folla de ruta de traspaso ás empresas privadas da atención ás persoas maiores en situación de dependencia e que necesitan o seu ingreso nunha residencia de maiores". A Consellería de Traballo e Benestar publica en pleno mes de agosto unha resolución pola que se aumenta a subvención para prazas en residencias privadas.

"Queda no esquecemento a creación de prazas en residencias públicas, nas que dende a inauguración da Residencia de Maiores de Volta do Castro en Santiago (o 16/11/2007) non se levou adiante ningún incremento de vacantes; co que se consolida durante todo o mandato de Beatriz Mato a política de incremento cero en prazas para persoas maiores en residencias da Xunta de Galiza", denuncia Mar Peteira, Secretaria da Sección Sindical.

Deste xeito, critica, "consolídase un modelo de atención ás persoas maiores onde as empresas privadas poden facer o seu negocio". Este "afán privatizador" con recursos públicos, contrasta cos severos recortes nos orzamentos que están a sufrir os centros públicos.

Así, Peteira lembra que chegan xa ao 50% na minoración de gastos de manutención, renovación de maquinaria ou gastos correntes (cueiros, material de limpeza e mantemento,etc).; recortándose tamén o persoal de atención directa nas residencias de persoas maiores (supresión de prazas, non cobertura de baixas e vacantes).

Esta falta de persoal imposibilita, cada vez en maior grao, que os usuarios e usuarias dos centros da Xunta de Galiza "poidan ser atendidos/as por profesionais en condicións óptimas e en número suficiente para prestar un servizo de calidade e de xeito que os dereitos destes usuarios/as se vexan garantidos, sen necesidade de recorrer á iniciativa empresarial privada con ánimo de lucro, ao que son derivados/as por falta da residencias públicas. Os nosos maiores non se poden converter nun negocio para buscar beneficios comercias", censura.

 


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.