1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

protestosanidadeferrrolGaliza - PDSPF - Desde a Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Ferrol queremos DENUNCIAR a grave situación na que se atopa o Centro de Saúde de Serantes.


Ao peche do Consultorio da Graña, ás obras que nunca rematan na ampliación do mesmo e que producen masificación, lista de espera e empeoran a asistencia sanitaria, do que non son responsables, en caso ningún, os profesionais que desenvolven alí o seu traballo que tamén sofren esas malas condicións, se ven a sumar a ausencia por diferentes razóns de dous facultativos.

D. José Pedrouzo Bardelas que non consultou a semana pasada e no que vai desta semana e tamén D. Francisco José Cenalmor Palanca por mor dunha Incapacidade Temporal.

Desde a Xerencia da Xestión Integrada de Ferrol non se ten substituído a estes dous facultativos e se acumulan os seus cupos nos outros tres facultativos restantes o que está a ocasionar, listas de espera, sobrecarga de traballo para estes profesionais e a imposibilidade de prestar o servizo nas debidas condicións.

Tamén hai problemas coa activación das tarxetas electrónicas e se está a remitir a doentes ao Fontenla Maristany para que resolvan o problema o que lles ocasiona unha grave molestia .

Demandamos do Sr. Facio Villanueva , que ten declarado repetidas veces que non ía facer recortes en persoal e que ía  substituír sempre aos profesionais que fose necesario, a que resolva de xeito inmediato esta situación que afecta gravemente a usuarios e traballadores do Centro de Saúde de Serantes.

Queremos lembrar que desde que o Sr. Facio Villanueva é Xerente da Área de Xestión Integrada, se pecharon , sen ningunha razón asistencial que o xustifique, os consultorios de A Graña en Ferrol e do Seixo en Mugardos, que ESIXIMOS sexan reabertos de xeito inmediato.

Do que pasa no Centro de Saúde de Serantes é unicamente responsable o Sr. Facio Villanueva e en caso ningún o son os profesionais que prestan alí os seus servizos que se ven desbordados pola situación.

Foto: Susete - Protesto em Ferrol em defesa da Sanidade Pública.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.