1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (2 Votos)

140313 sanidadeGaliza - CIG - A marcha, que contará coa presenza da CIG, partirá da Praza dos Cabalos ás 20.00 horas.


A Xunta de Persoal do Chuvi e a Plataforma para a Defensa da Sanidade Pública de Vigo, da que a CIG fai parte, chaman á cidadanía a participar este xoves unha nova manifestación convocada pola Plataforma SOS Sanidade Pública para rexeitar os recortes e as políticas privatizadoras do Partido Popular.

Con esta marcha, que sairá da Praza dos Cabalos ás 20.00 horas, tamén se pretende reclamar un novo hospital "100% público", ademais de denunciar a grave situación na que se atopa o sistema público de saúde na cidade, onde as listas de espera triplican os datos oficiais: o Sergas recoñece tan só 6.061 pacientes que agardan por unha operación, mentres que os profesionais sosteñen que en realidade chegan aos 19.000.

Dende as organizacións convocantes aseguraron que se trata dunha mobilización de gran importancia xa que o obxectivo é "parar as políticas de recortes e o modelo privatizador do PP".

Neste senso, representantes da Xunta de Persoal denunciaron a grave situación na que se atopa o sistema público de saúde en Vigo, onde as listas de espera triplican os datos oficiais: o Sergas recoñece tan só 6.061 pacientes á espera de seren operados, mentres que os profesionais sosteñen que en realidade son 19.000.

Se a isto se lle engaden ás 5.177 persoas que agardan a ser intervidas en Povisa (segundo a propia Consellería de Sanidade), atopámonos con que son máis de 25.000 os usuarios/as que se atopan en lista de espera, unha cantidade "inasumíbel" e "escandalosa".

Estes datos sitúan a área de Vigo como a de maior lista de espera de Galiza e unha das máis amplas do Estado español, segundo denuncian os representantes dos traballadores/as da saúde.

Ao mesmo tempo, critican que se estean a aplicar recortes como a "falta de cobertura de xubilacións, peche de camas ou a infrautilización de instalacións como o centro de especialidades de Coia ou o da Doblada". Segundo adiantan, o novo hospital que se está a construír non será unha solución xa que nacerá "deficitario" ao reducir a súa superficie inicial en 70.000 metros cadrados.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.