1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

130306 sergasGaliza - Sermos Galiza - A CIG vén de denunciar a intención da Xunta e da Consellería de Sanidade de camiñar cara á privatización da xestión das Incapacidades Temporais (baixas médicas).


A central nacionalista alerta do "recorte de dereitos que isto supón, potenciando a burocratización do traballo das e dos médicos de Atención Primaria e xeneralizando a presunción de fraude por parte das traballadoras e traballadores".

O Real Decreto que está as elaborar o goberno sobre o control dos procesos por incapacidade temporal nos primeiros trescentos sesenta e cinco días da súa duración "está orientado a que as Mutuas de Accidentes de Traballo e Enfermidades Profesionais da Seguridade Social (MATEPSS), sexan as que dirixan esta prestación e actúen como autoridade de control da mesma, ignorando as propias competencias do Servizo Galego de Saúde".

Aliás, desde o sindicato nacionalista apóntase que "as diferentes mutuas poderán remitir, directamente, solicitude de informe as/os médicas/os de Atención Primaria, tendo estes catro días para contestalas e de non facelo o paciente causaría Alta por silencio administrativo, o que pode redundar en fonte de conflitos e inseguridade xurídica tanto para Médico de AP, como para os pacientes".


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.