O mércores 13 de Xuño, ás 18.30 horas, no Salón de Actos do antigo reitorado, no Areal (rúa Oporto nº1).
No acto farase a presentación dos datos que demostran que o Novo Hospital de Vigo será, ademais de PRIVADO, mais pequeno e menos dotado en servizos, capacidade, superficie e camas do que estaba planificado.
Presentan:
- Angel Cameselle, Presidente da Xunta Persoal da Área Sanitaria de Vigo
- Manuel G. Moreira, da Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Área de Vigo.
Intervirán:
-Hixinio Beiras Cal, cardiólogo do H. Xeral.
-Jesus Araujo Nores, otorrinolaringólogo do H. Xeral.
Membros da Asociación Galega en Defensa da Sanidade Pública.
Foto: VaM - Novo Hospital de Vigo.


