1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

260512 inmigrantes1Galiza - Esculca - En apenas tres meses, Médicos do Mundo detectou 30 casos de vulneración do dereito a asistencia sanitaria relacionados con persoas inmigrantes, entre elas 4 mulleres grávidas, como consecuencia da aplicación das medidas contempladas no decreto aprobado en setembro de 2011 pola Xunta de Galiza que antecipa a futura lei do goberno do Reino de España.


O dato foi feito público o 23 de maio no decurso dunha conferencia de prensa en que, xunto con Médicos do Mundo participaron o Foro Galego da Inmigraión, a asociación Sen Papis da Coruña e EsCULcA. Os catro colectivos chamaron tambén à cidadania a participar na manifestación que terá lugar o próximo domingo 27 sob o lema "É racismo, non é austeridade".

Persoas que exercen a prostitución, residentes en situación administrativa irregular ou aquelas que levan menos dos 183 días empadroadas son os colectivos mais ameazados polas medidas do infame decreto que a Xunta de Galiza aprobou o pasado ano adiantándose as medidas anunciadas polo goberno do Reino de España.

"Desde aquí queremos chamar á obxección. Curar é un dereito e debemos exercelo sen restricións", manifestou o representante do Foro Galego da Inmigración despois de se citaren casos de persoas a quen se negou a profilaxe en centros de saúde do SERGAS, de persoas a quen se negou información sobre as novas normas ou a quen se ofreceu unha información incompleta e mesmo incorrecta, de persoas doentes a quen se negou asistencia alegando que "despois terían que pagar pola consulta", e mesmo de mulleres grávidas a quen se obrigou a paar a pesar que a lei as ampara en todos os casos.

Por outra parte, este decreto de tintas tan notoriamente xenófobas deixa outro panorama "grave e perigosísimo" en que as persoas inmigrantes son tamén protagonistas: o uso do cartón doutra persoa. Este recurso desesperado acabará provocando problemas de grande envergadura por canto  "a persoa que é titular do cartón pode acumular consultas de outras persoas, e deste xeito unhas e outras serán diagnosticadas en base a un historial médico alleo".

Na procura dunha solución a este perigoso estado de cousas, o Foro Galego de Inmigración, a asociación Sen Papeis e EsCULcA dirixíronse hai un mes ao agora demitido Valedor do Pobo para instar a presentación dun recurso contra o decreto,  a resposta foi, como era previsíbel, o mais ruidoso dos silencios.

Tampouco faltaron na exposición dos catro colectivos referencias directas á actitude dos representantes institucionais da Coruña, que fan gala dunha irresponsábel indiferenza perante a actuación agresiva de axentes da policia local que se comportan agresivamente con persoas inmigrantes como puderon comprobar os colectivos convocantes no decurso dunha reunión celebrada hai uns meses.

Foto: Galiza Solidária


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.