1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

saneamentoGaliza - Artabra21 - A Plataforma Cidadá contra a Taxa de Saneamento convoca unha concentración cidadá.


A concentración veciñal realizada na praza de Armas o día 19 de Febreiro, as asembleas informativas nos barrios, a entrega masiva de recursos contra a inxusta Taxa de saneamento XA DERON UN FROITO:

O alcalde tivo que recoñecer nos medios informativos que o prezo da taxa hai que revisala á baixa, e tiveron tamén que aprazar a data do seu cobro, xa que os recibos da primeira parte do cobro retroactivo (LEMBREMOS QUE QUEREN PASARNOS OUTRO RECIBIR SIMILAR NO MES DE XULLO) emitiron-se sen cumprir trámites que legalmente son preceptivos.

Coa continua presentación de recursos no Concello e coa túa presenza na nova CONCENTRACIÓN VECIÑAL A CELEBRAR O XOVES 26 na Praza de Armas, temos que lograr que se atendan todas as nosas reivindicacións:

Que o concello-emafesa non cobre os recibos emitidos que entendemos que legalmente son nulos.

Que non emitan novos recibos.

Que o alcalde se reúna cunha comisión veciñal para clarexar de onde saen as esaxeradas cantidades económicas a cobrar.

Que se revise o convenio para a rede de saneamento de ferrol asinado no seu dia e que obriga a que os/as veciños/as paguemos cando menos o 10% do custo dunha obra de interese xeral que normalmente sufragan ao 100% os fondos europeos, estatais e autonómicos.

Que o organismo autonómico augas de galicia se reúna coa comisión veciñal para tratar todo este asunto.

Que se coñezan e auditen de verdade as contas de emafesa e canto nos custa a xestión do auga por parte duna empresa cun socio privado.

O xoves 26 de marzo, a partir das 7 da tarde e coincidindo coa celebración do pleno municipal, concentración veciñal na praza de armas.

Participa, ven e defende os teus dereitos!!!


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.