1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

171214 alexaGaliza - Amnistía Internacional - Os pasados días 15 e 16 de decembro, a recoñecida xornalista Alexa O´Brien, especializada no proceso a Chelsea Manning, visitou Galiza para participar na campaña de Amnistía Internacional “Actúa, salva unha vida”, que a organización pon en marcha con motivo da celebración do Día Internacional dos Dereitos Humanos, o pasado 10 de decembro. 


Ao longo destes dous días, O´Brien ofreceu unha rolda de prensa no Colexio La Salle de Satiago de Compostela, no que deu tamén unha charla, ao igual que na Facultade de CC. Políticas da USC, na Universidade de Vigo e na sede da Fundación ONCE de Vigo, previo paso polo Colexio de Xornalistas de Galicia. Alexa O´Brien é unha xornalista independente. Ten publicado en The Cairo Review of Global Affairs, The Guardian UK, Salon e The Daily Beast, e interviu en programas da BBC, PBS Frontline, On The Media e Public Radio International. Foi preseleccionada para o premio Martha Gellhorn de xornalismo de 2013, no Reino Unido, pola súa cobertura do xuízo militar contra Chelsea Manning, caso polo que traballa Amnistía Internacional.

Durante ano e medio, O´Brien elaborou as únicas transcricións da censurada vista preliminar deste xuízo que están a disposición do público. Reconstruíu minuciosamente a lista censurada de probas instrumentais en fase de apelación e creou dúas bases de datos con toda a información dispoñible sobre o xuízo militar contra Manning e sobre as investigacións de Estados Unidos a WikiLeaks.

Trala condena a 35 anos de prisión de Manning, as solicitudes que O´Brien presentou conforme á Lei de Liberdade de Información e o seu labor de identificación das probas que faltaban serviron de base aos avogados do Centro de Dereitos Constitucionais para demandar ao xuíz militar e ao Distrito Militar de Washington. A demanda prosperou e o Exército de Estados Unidos viuse forzado a publicar un expediente oficial non confidencial sobre o xuízo militar contra Manning.

O´Brien ten demandas interpostas contra o Departamento de Estado e contra o Departamento de Xustiza de Estados Unidos, e estase preparando para pleitear centos de solicitudes conforme á Lei de Liberdade de Información sobre a investigación a Wikileaks e sobre o proceso a Manning. A día de hoxe, O´Brien está escribindo a crónica da maior investigación e procesamento penal contra unha editorial e a súa fonte, e sobre o prexuízo que supuxeron para a civilización e o Estado de dereito.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.