1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

hildegartcarvGaliza - Ateneu Ferrolano - O Ateneo Ferrolán e a Comisión para a Recuperación da Memoria Histórica da Coruña, coa colaboración da Marcha Mundial das Mulleres e da Fundación Anselmo Lorenzo, organizan o Congreso do Centenario de Hildegart Rodríguez Carballeira coa intención de lembrar a vida de Hildegart.


A figura de Hildegart Rodríguez Carballeira é unha das máis coñecidas da nosa historia contemporánea. Sobre a súa persoa teñense feito películas, novelas, obras de teatro e numerosos libros e traballos de investigación. En todo o que se ten feito sobre ela paira a sombra do seu tráxico fin e as circunstancias do asesinato pola man da súa nai, a ferrolá Aurora Rodríguez Carballeira; como consecuencia, a súa traxectoria vital e o seu pensamento no eido da reforma sexual ou da crítica política, ficaron en parte ocultos. Cen anos despois do seu nacemento, tentamos lembrar á Hildegart sexóloga, xornalista, activista política ou feminista, coa celebración dunha serie de actos de homenaxe e un congreso de investigación que poña en valor a súa figura histórica e o seu pensamento, todo o lonxe que sexa posible do sensacionalismo e da superficialidade.

O conxunto de actividades do Congreso quere servir para achegar ao público de todo o mundo á historia e ao pensamento dunha das mulleres máis singulares do seu tempo: Hildegart Rodríguez Carballeira. E malia fixar o obxectivo nunha única persoa, o Congreso quere contribuir de xeito xeral á recuperación da historia do pensamento feminino e dos movementos da liberación da muller no século XX.

 Venres 5 de decembro

19 – 19:30

Inauguración do Congreso: Representantes das entidades organizadoras e entidades colaboradoras: Comisión para a Recuperación da Memoria Historica da Coruña, Ateneo Ferrolán, e Marcha Mundial das Mulleres.

19:30 – 21

Conferencia inaugural a cargo de Aurora Marco: “Romper barreiras. Voces femininas a comezos do XX"

Aurora Marco é profesora da Facultade de Ciencias da Educación da Universidade de Santiago de Compostela e especialista na historia das mulleres na Galiza. Ten publicado os libros “As precursoras. Achegas para o estudo da escrita femenina (Galiza, 1800-1936)” (1993), “Mulleres e educación na Galiza. Vidas de mestras” (2002), “Mulleres na guerrilla antifranquista” (2011), e o seu monumental “Dicionario de mulleres galegas. Das orixes a 1975” (2007).

21- 22

Actuación musical

Sábado 6 de decembro

10 – 11,15

  •          José Manuel Peláez Ropero - Mi hija Hildegart (Fernando Fernán Gómez, 1977).¿ Un filme inacabado?
  •          Martín Paradelo Núñez - A representación cinematográfica do corpo da muller no tempo de Hildegart
  •          Ana Muiña - Aurora de sangre. Vida y muerte de Hildegart. Introducción a la reedición del libro de Eduardo de Guzmán

11,30 – 12,45

  •          Lola Ferreiro Díaz - Republicanas de corazón, de cabeza e de corpo enteiro
  •          Luz Darriba / Micaela Fernández Darriba - As netas de Olympia de Gouges, as fillas de Flora Tristán

13 – 14

Presentación novela “Entrada ao xardín do saber”, co seu autor Henrique Dacosta, presentado por Eduardo Fra Molinero

16 – 17,15

  •          Miguel Ángel Pradera - Una tarea pendiente: una bibliografía formal de Hildegart Rodríguez Carballeira
  •          Pablo Herrero Hernández - Hildegart Rodríguez Carballeira en el recuerdo y en los escritos del periodista y escritor republicano Luis Hernández Alfonso (1901-1979)
  •          Manuela Santalla López – Hildegart: ¿Una mujer-proyecto ferrolana?

17,30 – 18,45

  •          Kyra Kietrys – Archivo Hildegart
  •          Micaela Pattison - Hildegart como figura internacional

19 – 20

Conferencia Rosa Cal "Aurora una mujer con un proyecto de vida propio: Hildegart"

20 – 21

Actuación musical

 Domingo 7 de decembro

10 – 11,15

  •          Eduard Masjuan - El neomalthusianismo anarquista y la cuestión social en Hildegart Rodríguez
  •          Lorena Cuevas Buján - Hildegart Rodríguez e Amparo Poch: a repercusión das ideas de reformismo sexual no anarcofeminismo dos anos 30
  •          Eusebio Lucía Olmos - El paso de Hildegart Rodríguez por la Casa del Pueblo Madrileña

11,30 – 12,45

  •          Monica Bar Cendón - Sexualidade e trampas da "diferencia" en Hildegart
  •          Josep María Roselló - Una mujer moderna: amor y sexo en el pensamiento de Hildegart
  •          Marga do Val – Por qué escribir unha obra de teatro sobre Hildegart

13 – 14

Roteiro e homenaxe popular a Hildegart

16 – 17,15

  •          Miguel Ángel Pradera - Reflexiones para una adecuada contextualización histórica de Hildegart
  •          Jean-Louis Guereña - Hildegart y la reforma sexual en la Casa del Pueblo de Madrid

17,30 – 18,45

  •          Blanca Quintanilla – Hildegart, la aniquilación de una rebelde
  •          Olga Roig López - Aurora Rodríguez y Hildegart, dos vidas marcadas por la disciplina
  •          Guillermo Rendueles Olmedo – Aurora Rodríguez y su doble manicomial

19:00

Recital de Carmen Blanco “Hildegarts vivas nas carballeiras: miles de mulleres para outras auroras”

Actuación musical

Exposicións

En paralelo ao Congreso, haberá instaladas no Ateneo dúas exposicións relativas a Hildegart Rodríguez Carballeira:

Unha exposición de 16 paneis sobre a vida e a obra de Hildegart Rodríguez Carballeira, que fará un percorrido pola súa traxectoria vital e recollerá tamén noticia das 14 obras publicadas por Hildegart na súa vida, e doutra 14 obras feitas arredor da súa vida e obra, por outros autores, despois da súa morte.

Unha exposición de obxectos sobre Hildegart Rodríguez Carballeira, con libros escritos por Hildegart, así como publicacións periódicas, documentos e obras relativas aos movementos nos que Hildegart estivo implicada.

Outros actos

Xoves, 4 de decembro

Na Coruña, a Casa Museo Casares Quiroga acollerá unha presentación do congreso o día 4 de decembro ás 20.00 horas, a cargo de representantes da Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica e o Ateneo Ferrolán, entidades organizadoras da cita, e de algunha das investigadoras ou investigadores especializados na figura de Hildegart.

Martes, 9 de decembro

No Ateneo de Madrid terá lugar un acto de homenaxe á pensadora e feminista Hildegart Rodríguez Carballeira o día 9 de decembro, ás 19.30 horas, organizado polo Ateneo Ferrolán, Ateneo de Madrid e a Cátedra de Memoria Histórica del Siglo XX da Universidad Complutense. Na capital española falarán representantes destas tres entidades así como a popular feminista Lidia Falcón e a investigadora ferrolá Rosa Cal. O acto quere lembrar que o día 9 do mes de decembro de 1914 tivera lugar o nacemento de Hildegart en Madrid, cidade onde desenvolveu a súa vida e onde foi asasinada o 9 de xuño de 1933.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.