Así mañan Sábado 15 às 19:00' terá lugar a Presentación das Xornadas e às 19:30′ "O Movemento Anarquista en Portugal". Pase do documental "Memória Subversiva" e conversa con compas anarquistas de Portugal.
O documentário "Memória Subversiva" revélanos os inicios da historia do Movimento Anarquista em Portugal. A partir de testemuñas dalgunhas das súas integrantes no seu periodo de maior efervescencia, nas primeiras décadas do século vinte, nós da a coñecer a historia, hoxe esquecida, do máis forte movimento político-social de entón e das suas loitas e resistencias.
Rescatando esa memoria histórica, tentaremos abordar aquilo que ten sido o anarquismo en Portugal durante as últimas décadas, após o 25 de Abril de 1974, para unha comprensión daquilo que foi e que poderá vir a ser o movimento anarquista en Portugal.
Información sobre o documental:
Realización: José Tavares e Stephanie Zoche
Duración: 110 minutos
Ano:1989