1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

amanGaliza - Cineclube Compostela - O Cineclube de Compostela pecha o mes de outubro, este mércores 29, cunha sesión dedicada á obra de Andy Warhol. Nela, contaremos coa presenza de Alberte Pagán, que vai vir presentar A mirada inqueda: As películas de Andy Warhol, a segunda parte do seu traballo sobre os filmes do americano, editada recentemente por Positivas, á que seguirá a proxección do filme de Warhol Eu, un home (I, a Man, EUA, 1967). A sesión terá lugar, como é habitual, no CS O Pichel (Santa Clara, 21) a partir das 21.30 horas.


En xullo de 1967 Maury Maura, propietario do Hudson Theatre, solicitoulle a Warhol un filme erótico para a súa explotación comercial, suxerindo como inspiración  Eu, unha muller, unha fita dinamarquesa sobre as aventuras sexuais dunha moza que naquel ano se exhibía con éxito nos EUA. Warhol copiou o título, transformouno en Eu, un home, e durante dous días de finais de xullo rodou seis episodios que mostraban senllos encontros sexuais (frustrados ou non) do protagonista con seis mulleres diferentes.

En Eu, un home, a cámara de Warhol mantén encadres fixos, mais o director acada un gran dinamismo visual por outros métodos: cortes en cámara e cambios de plano, algúns deles que apenas duran un fotograma (1/24 de segundo), e agrupados con frecuencia en ramalletes abstractos e altamente poéticos. A cámara permanece fixa no trípode en cada escena pero dentro de cada episodio pode cambiar de localización ou punto de vista. Os cortes censuran os encontros e os diálogos; serven de transición entre escenas pero tamén teñen presenza propia como elementos estéticos.

A sesión comezará coa presentación do libro A mirada inqueda: As películas de Andy Warhol, editada por Positivas neste 2014, por parte do seu autor Alberte Pagán. Ttras o estudo da primeira fase da obra do director en A mirada impasíbel. As películas de Andy Warhol, do 2007, neste novo volume Pagán estuda os filmes Poor Little Rich Girl, Restaurant, Outer and Inner Space, My Hustler, Camp, Lupe, Hedy, The Velvet Underground & Nico, Chelsea Girls, Bufferin, Bike Boy, The Nude Restaurant, Lonesome Cowboys e Blue Movie, ademais de, por suposto, Eu, un home.

Considerado un dos artistas máis influintes do século XX e máximo expoñente do pop art, Andy Warhol non precisa presentación no que toca á súa actividade como pintor, mais a súa ampla filmografía (case 70 obras, entre curtas e longametraxes) foi escasamente difundida e pouco valorada por parte da crítica cinematográfica.

Alberte Pagán, cineasta galego habitual colaborador do Cineclube de Compostela, ao que ten acudido a presentar filmes propios (Bs. As., Pó de estrelas, Como foi o conto, Conversas em Zapatera, Os Waslala) ou pezas alleas da tradición experimental do cinema. Pagán ten estudado en profundidade a obra de Warhol e, ademais dos dous volumes publicados en galego por Positivas, vén de publicar en castelán  Andy Warhol na editorial Cátedra.

O mércores que vén, 5 de novembro, o Cineclube vai dedicar a sesión a dúas pezas curtas de Pedro Costa, centradas na figura do señor Ventura, o inmigrante caboverdiano recorrente nos filmes do cineasta portugués. As dúas mediometraxes que se proxectarán son O noso home (O Nosso Homem, Pedro Costa, Portugal, 2010) e Sweet Exorcist (Sweet Exorcist, Pedro Costa, Portugal, 2013), está última incluída orixinalmente na obra colectiva Centro Histórico.

O filme será proxectado en versión orixinal con subtítulos en galego. A entrada é de balde, e pódese adquirir un bono axuda para colaborar co Cineclube. O Cineclube tenta ser unha asociación autoxestionada, polo que para manter o noso funcionamento, propoñemos unha achega económica persoal, cunha cota mensual de 5 euros para traballadoras e de 3 para estudantes e paradas.


OUTUBRO 2014

Mércores 29 de outubro ás 21:30 no Pichel
Eu, un home
(I, a Man, Andy Warhol, EUA, 1967, 93', VOSG)

Presentación de A mirada inqueda: As películas de Andy Warhol (2ª parte). Coa presenza de Alberte Pagán.

NOVEMBRO 2014

Mércores 5 de novembro ás 21:30 no Pichel
O noso home
(O Nosso Homem, Pedro Costa, Portugal, 2010, 23’, VOSG) 
Sweet Exorcist
(Sweet Exorcist, Pedro Costa, Portugal, 2013, 30’, VOSG)

Mércores 12 de novembro ás 21:30 no Pichel
Cando chove
(When It Rains, Charles Burnett, EUA, 1995, 13’, VOSG)
O holandés
(Dutchman, Anthony Harvey, Reino Unido, 1967, 55’, VOSG) 

 

Mércores 19 de novembro ás 21:30 no Pichel
A canción caralllllluda do doce Sweetback
(Sweet Sweetback's Baadasssss Song, Melvin Van Peebles, EUA, 1971, 97’, VOSG) 

 

Mércores 26 de novembro ás 21:30 no Pichel
Wild Style
(Wild Style, Charlie Ahearn, EUA, 1983, 82’, VOSG)


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.