1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

251014 stopGaliza - CSA do Sar - Este Sábado 25, Stop Desafiuzamentos Compostela celebraremos o Magosto Solidario no CSA do Sar!! Comezaremos ás 17.00 e ao longo da tarde troulearemos coa foliada e as castañas na hortiña do centro social. A partir das 21.00h teremos Timba Poétika e micro aberto e petiscos . Estades tod@s convidad@s!!


Este magosto dará comezo a unha campaña que procurará por unha banda conseguir financiar os gastos derivados da actividade de Stop Desafiuzamentos así como facer un peto para asumir posibles multas polo desafiuzamento de Aríns o pasado 19 de Setembro.
Stop Desafiuzamentos non recibe nin acepta axudas de entidades alleas e por iso autofinanciámonos coas aportacións das persoas activistas e as solidarias.

Por outro lado, a campaña pretende romper co silencio mediático que se está a facer co problema da vivenda: lonxe da mensaxe que se quere transmitir dende as institucións, son moitas as persoas que seguen a ser botadas das súas casas por banca e demais estafadores, coa conivencia das institucións.

Esta campaña seguirá cun concerto n' A Gentalha do Pichel, o día 14 de novembro, e máis unha charla e sesión vermú no C.S.O.A. Escárnio e Maldizer o 13 de decembro. Tamén se están a organizar varias charlas informativas. Iremos informando destas actividades a medida que as vaiamos confirmando. Estade atent@s!


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.