1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

270914 saudeGaliza - CASP Corunha - Teatro para a transformación social.


A tua voz a cena: expressom para a saúde mental a partir da comunidade.

1 de Outubro de 2014 ás 17:00

Salón de Actos do Museo de Belas Artes da Coruña

Rúa Zalaeta, s/n 15002 A Coruña

Entrada Gratuita

MANIFESTO

Xuntámonos diferentes colectivos da cidade, para denunciar o desmantelamento e a privatización do noso sistema de saúde.

Queremos acadar a implicación de tódalas veciñas e veciños da nosa cidade, xunto ca dos profesionais da saúde, na defensa e mellora do sistema público, para garantir unha atención sanitaria de calidade, baseada tanto na promoción da saúde e a prevención, como na curación e rehabilitación da enfermidade en igualdade de condicións para todas e todos, utilizando adecuadamente os recursos, creando emprego de calidade, actuando sobre os determinantes da enfermidade, e todo elo a través dun sistema sanitario público, universal sen re-pagos e xestionado democráticamente.

Para elo só hai un camiño: a mobilización continuada dos propios cidadáns, defendendo nos mesmos o que é de todas e todos. Así, sen intermediarios, poderemos forzar ós políticos para que non fagan negocio ca nosa saúde.

E como cidadáns ESIXIMOS :

A derrogación das leis básicas estatais 15/97 e 16/2012, así como as normas autonómicas que as desenrolan, para rematar co negocio na sanidade.

A volta a mans públicas de tódolos servizos privatizados ata o momento, e a limitación ó máximo, e con control público, dos concertos cos establecementos privados

Eliminación das medidas de re-pago farmacéutico para os pensionistas e tamén do re-pago no transporte sanitario, materiais ortoprotésicos e dietéticos, así como determinados fármacos de dispensación hospitalaria.

A volta á condición de cidadán para ter dereito a tódalas prestacións do sistema nacional de saúde. Atención sanitaria para todas e todos independentemente da súa situación administrativa.

Elaboración de plans de saúde comunitarios (recollidos na propia Lei Xeral de Sanidade e sen desenrolar dende 1986), que permitan coñecer os determinantes e produtores da enfermidade, así como as verdadeiras necesidades de atención sanitaria en cada zona, o que permitiría actuar sobre as causas, e reducir o gasto sanitario.

Implantación da dedicación exclusiva no sector público, para evitar, por un lado, as corruptelas e o vaivén de doentes da pública á privada e, por outro, rematar co pluriemprego no sector que favorece un exército de parados nalgunhas categorías.

Implantación da quenda de tarde para os facultativos, creando emprego fixo e garantindo a utilización óptima dos recursos públicos, evitando polo tanto, a sangría que dende fai décadas supoñen os concertos privados.

A derrogación da reforma da Constitución levada a cabo no 2011 polo PP e o PSOE, que prioriza o pago da débeda por riba de calquera outro gasto, sanidade incluída, así como o non pago da débeda ilexítima, mecanismos utilizados para o desmantelamento e privatización de todos os servizos públicos.

Como cidadáns temos dereito a unha asistencia sanitaria de calidade. Defendamos este dereito RECLAMANDO sempre que sexa necesario, tanto nas rúas como nos propios centros sanitarios.

RECLAMAR cando os tempos de espera sexan longos,

RECLAMAR cando constatemos unha plantilla insuficiente,

RECLAMAR cando pasemos horas nun sillón á espera dunha cama.

Temos que RECLAMAR. Nós pagamos os nosos impostos para ter un servizo de calidade, e a administración ten que poñer os medios necesarios para que así sexa.

Neguémonos a ser atendidos na sanidade privada, temos o noso sistema publico e este é o mellor xeito de defendelo.

Si tras recibir un servizo sanitario nos dan unha factura, non a aceptemos, nós xa pagamos polo servizo tódolos días.

Os únicos que non pagan son eles, os de arriba, os que levan os seus cartos a Suiza, ás Illas Caimán ou os teñen en Sicavs. Nós somos os que mantemos o sistema.

E por si fora pouco, asistimos a unha reformas fiscais que favorece ós mais ricos. Unha rebaixa de impostos que precariza aínda mais a nosa sanidade e demais servizos públicos.

Este é o único camiño, falemos cos nosos veciños, amigos, familiares, informándolles do que está a acontecer ás nosas costas, para tecer unha rede informativa que abra os ollos de todas e todos nos á realidade, porque a información é un arma moi poderosa, e nós, seguiremos a informar e a concentrarnos ata que a nosa sanidade estea garantida, e os especuladores e falsos empresarios quiten as mans do que é noso:

¡O SISTEMA PÚBLICO DE SAÚDE!

¡¡¡¡SANIDADE SEMPRE PÚBLICA, UNIVERSAL,GRATUITA, GALEGA E DE CALIDADE PARA TODAS E TODOS !!!!

 

 


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.