1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

tambre1Galiza - CUT - Cerca dun centenar de veciñas e veciños do Son e arrededores da parroquia da Gracia concentráronse hoxe nas imediacións do Polígono do Tambre para esixir o restablecemento do servizo de transporte urbano.


Desde setembro do ano pasado, a veciñanza destas parroquias ven identificando a eliminación de paradas e a redución da frecuencia das liñas de autobuses que comunican estes núcleos de poboación.

Denuncian que a día de hoxe, teñen que desprazarse máis de 2 Km para acceder ao dito transporte por vías que carecen de beirarrúa, o que supón, ademais dun prexuízo para estes núcleos, un perigo, sobre todo porque moitos dos usuarios e usuarias son persoas maiores e/ou con mobilidade reducida.

Tras cortar a circulación durante aproximadamente unha hora e despois de que efectivos da Policía Nacional ameazaran con identificar e multar as persoas que se estaban a manifestar polo dereito a un servizo municipal básico como é o transporte público, as veciñas e veciños do Son e arrededores deron por concluída a concentración e anunciaron novas mobilizacións para os próximos días.

No comunicado que repartiron entre os medios e persoas solidarias que ata alí se achegaron, defenden que o transporte público colectivo ten que servir para favorecer a vertebración territorial dos núcleos máis afastados do centro urbano, ademais de supor a alternativa máis ecolóxica, económica e solidaria. Remarcan ademais que "A drástica redución do transporte urbano dificulta a xestión diaria da veciñanza á hora de acudir aos postos de traballo, ao mercado, aos centros médicos ... o que pode considerarse un agravio comparativo con outras zonas do concello.

 

tambre2

 

Fotos: CUT

 


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.