1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

BGaliza - O Fervedoiro - Ao fin o Aberto de Billarda de Cuntis quedou na casa. Ben é certo que a ausencia de estrelas da Liga Nacional de Billarda sobre o verde dos Albariños, por ter botado a andar a tempada oficial, facilitou por vez primeira un podium auténticamente comarcal.


Saindo campión, o palanador nado a beira do Gallo, Xavi Garrido que se fixo co título nunha emocionantísima final fronte a Fran Escariz.

Os tres anos de experiencia billardeira fixéronse notar na aldea de Guimarei quedando patente o salto de calidade que van dando ano tras ano as palanadoras e os paladores do Umia, deixando golpes certeiros e acadando máis dun varado ao longo do Aberto.

Nin o xantar foi quen de traer acougo a tropa da estornela, arredor da mesa escoitábanse experiencias de anteriores Abertos e pronósticos sobre o que estaba a piques de comezar. Houbo quen trouxo o seu propio varal feito da casa para adicar parte da mañá ao adestramento sobre o terreo de xogo, namentres o obradoiro billardeiro preparaba artiluxios para o resto de participantes. O nerviosismo medraba cando se ía sabendo en que cadro do Aberto tocaba comezar a competir. E a partir de aí un único obxetivo para elas e para eles: escribir para sempre o seu nome na Historia do mítico Aberto cuntiense.

Pepe Constenla puxo o peche a xornada do sábado, a piques de caer a noite trocou o varal co que amosou moi boas maneiras pola súa guitarra. Ofreceunos a música e letras de compromiso que leva canda sí alá onde vai, nos Albariños resou coma nunca »Compañeiro Daniel», «O Maio», «Puños pechos» e outros temas que foron acompañados aos coros polo respetable.

Da organización agradecen a quen estivo alí competindo e foi fiel a cita anual dos Albariños, a Pepe Constenla e as compañeiras e aos compañeiros do Quinteiro do Umia e da Asociación Río Gallo por ter colaborado nesta terceira edición.

E así foi como a serpe multicolor da LNB envelenou Cuntis un ano máis. Quen sofre a súa máxica picadura non procura analxésico ningún para curala, agarda tan só a que o seu efecto esperte o espírito indíxena que leva dentro para combater até o derradeiro intre sobre campo de batalla.

Mais fotos aqui.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.