1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

Foto - Cineclube Compostela - Notas sobre o FlamencoGaliza - Cineclube Compostela - Seguindo coa programación do mes de xuño, este mércores 19 o Cineclube de Compostela  proxecta, baixo o título Notas sobre o flamenco [traballo en curso] (Alfonso Camacho, Andalucía, 2013), os bosquexos e descartes agrupados por Alfonso Camacho que despois empregaría para o seu filme Taller de flamenco. A sesión vai ter lugar no lugar e horario habituais, no CS O Pichel (Santa Clara, 21) a partir das 21.30 horas.


"Montar sen deixar de desmontar". Así define Alfonso Camacho o seu traballo de rexistro dos obradoiros de flamenco impartidos no centro social okupado e autoxestionado Fábrica de Sombreros, entre febreiro e maio de 2009. Antes de se converter nun filme acabado, estas Notas sobre o flamenco que presentamos no Cineclube dán conta do mesmo proceso de aprendizaxe que comparten os alumnos que asisten a ese obradoiro semanal. A cámara tatexa, proba, trabúcase, exhíbese en bruto: "algo que se asemellaba co propio taller, onde cada palabra cantada estaba lonxe de ser un obxecto consumado".

Nacido en Sevilla en 1983, Alfonso Camacho estudou cinema na súa cidade natal e traballou como montador na televisión arxentina. É tamén crítico de cinema e foi editor da revista Lumière. Taller de flamenco, o filme que sairía dos bosquexos e fragmentos que poderemos ver no Cineclube este mércores, é o seu primeiro título como director.

O mércores que vén, 26 de xuño, o Cineclube remata a súa programación desta tempada 2012-2013 cunha sesión especial, resultado das "olimpíadas" desputadas recentemente entre o Cineclube e Estaleiro Editora. Será coa proxección de Que veñen os socialistas! (¡Que vienen los socialistas!, Estado Español, 1982), de Mariano Ozores, que reflicte a preocupación dos elementos reaccionarios dunha pequena vila perante a máis que probábel victoria do PSOE nas eleccións de 1982. Para presentar esta sesión, contaremos coa presenza dos historiadores de cinema e amigos José Manuel Sande e José Luis Castro de Paz.

O filme vai ser proxectado na súa versión orixinal. A entrada é de balde, podendo adquirirse un bono axuda para colaborar co Cineclube. O Cineclube tenta ser unha asociación autoxestionada, polo que para manter o noso funcionamento, propoñemos unha achega económica persoal, cunha cota mensual de 5 euros para traballadoras e de 3 para estudantes e paradas. Os socios e socias poderán dispor do fondo do Cineclube antes das proxeccións, os mércores de 21:00 a 21:30.

PRÓXIMAS PROXECCIÓNS

Mércores 19 de xuño ás 21:30 no Pichel
Notas sobre o flamenco [traballo en curso]
(Alfonso Camacho, Andalucía, 2013, 58', VO)

Mércores 26 de xuño ás 21:30 no Pichel
Que veñen os socialistas!
(¡Que vienen los socialistas!, Mariano Ozores, Estado Español, 1982, 85', VO)
Presentada por José Manuel Sande e José Luis Castro de Paz
Sesión especial olimpíadas


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.