O dia 3 de xuño, Manuel Martín (portavoz da plataforma SOS Sanidade Pública e Belén Torrón de Médicos do Mundo abordarán a situación en que as novas normas sanitarias deixaron alguns dos colectivos sociais mais vulnerábeis, nomedadamente o das persoas migrantes.
O dia 4 tomarán a palabra dous grupos que procuran solucións alternativas a esta difícil situación: A Revolta Sanitaria (de Chantada) e Ferrocarril Clandestino (de Madrid).
O día 5 un representante do ColexioOficial Médico de Ourense e dous representantes de colectivos sociais (AECC e Comité Antisida) darán conta da forma en que os recortes orzamentarios afectan o traballo de profesionais e grupos solidarios con persoas en situación de risco.
Finalmente, o dia 6, duas médicas galegas (Celsa Perdiz e Lola Ferreiro) presentarán a situación das mulleres nesta nova situación sanitaria.
Para a obtención do diploma de asistencia, é preciso formalizar a inscripción: inscripcións@esculca.net
Foto: Logo do Esculca


