1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (1 Votos)

180413 marimGaliza - CNM - Debate. Cara onde imos? Propostas e soluçons desde Galiza para sairmos da crise, sexta-feira 19 de abril às 20 horas na Biblioteca Municipal de Marim.


Anova, Chelo Martínez (deputada de AGE no Parlamento de Galiza), BNG, Daniel Rodas (deputado do BNG no Parlamento de Galiza), Causa Galiza, Quique Fernades, Movemento pola Base, Pepe Arias, Nós – Unidade Popular, Anjo Torres Cortiço (responsábel comarcal de Nós-Unidade Popular en Pontevedra) e PCPG, Xosé Collazo (portavoz nacional).

Desde o comezo da crise o discurso neoliberal imperante está a repetir continuamente que para sair da crise e recuperar a economía só se pode facer o que se está a facer e que a alternativa é o desastre e a catástrofe. Este discurso, a través do medo a máis recortes, pretende manternos anestesiad@s mentres o grande capital, tanto financeiro como industrial, está a aproveitar a crise para realizar unha moi profunda reestruturación do capitalismo en favor dos seus intereses.

Mais este non é o único discurso, hai outro de cara máis amábel que pretende implicitamente ou explicitamente "refundar o capitalismo" propoñendo pequenas reformas no sistema que poñan control e regulen a avaricia desmesurada dos neoliberais sen pór en cuestión o propio sistema capitalista.

Ámbolos dous discursos parecen obviar premeditadamente que as crises son consustanciais ao sistema, que estas son cíclicas e no capitalismo inevitábeis e, é máis, necesarias para o "sano" funcionamento do capitalismo xa que as crises destruen todas as actividades que non son o bastante rentábeis para garantir a supervivencia do sistema. O capitalismo promove, pois, un darwinismo social no que só as empresas máis fortes subsisten e acumulan máis capital.

Con preto de 300.000 desempregad@s condenados a emigración, un 64% dos fogares con dificultades para chegar a fin de mes, con 10.000 familias que perderon a súa vivenda desde o comezo da crise e 5300 máis con risco de perdela no futuro, Galiza está a sofrer en toda a súa crueza as políticas neoliberais dos distintos gobernos.

O final do túnel da crise non parece estar preto e os gobernos, se a cidadanía non o impide, seguirán aplicando as súas receitas neoliberais en forma de máis recortes en servizos públicos, privatizacións, máis precariedade laboral e no caso de Galiza tamén na venda do territorio para a especulación e expoliación dos recursos naturais.

A disconformidade da sociedade con esta situación é crecente como se puxo de manifesto co movemento 15 M, coas folgas xerais convocadas recentemente e coas protestas contra as minas ou os parques eólicos. Estes feitos demostran que o pobo non está durmido, só necesita alternativas a un modelo económico que afoga os de abaixo e enriquece os de arriba. O modelo económico que leva 200 anos oprimindo @s traballadores/as, o capitalismo, cada vez máis insaciábel no seu proceso de acumulación. Un modelo colonial que priva a Galiza de capacidade política para decidir sobre o seu futuro e os seus recursos.

Desde o Colectivo Nacionalista consideramos de grande interese a posta en común de ideas para afrontar esta situación desde Galiza e por iso convidamos a debater e expór as súas propostas a distintas organizacións políticas galegas nun debate baixo o título "Cara onde imos? Propostas e solucións desde Galiza para saírmos da crise" que se celebrará este venres 19 de abril ás 20h na biblioteca municipal de Marín.

Marín, 17 de Abril de 2013.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.