1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (1 Votos)

040313 saidaGaliza - Contrapoder - Varios milleiros de persoas saíron este 3 de marzo ás rúas de Compostela por un proceso constituínte e de ruptura democrática.


Non foi só máis unha manifestación contra as consecuencias do capitalismo e da falta de soberanía. Foi, tamén, a primeira manifestación pública que reunía, en anos, as organizacións maioritarias do soberanismo galego organizado xunto con outras que, até onte mesmo, tiñan actuado separadamente e, sen dúbida, con recíproca desconfianza. As ausencias significativas dalgunhas organizacións como a Frente Popular Galega, Adiante ou determinados sectores de Anova —máis por autoexclusión do que por calquera outro motivo— non deberan embazar, por iso, unha imaxe que tan só uns meses atrás tería sido difícil de prognosticar.

No medio de todo isto, e co corpo do nacionalismo aínda a sofrer algunhas das consecuencias directas dos procesos de recomposición que afectaron non só o BNG, como tamén organizacións anteriormente reunidas en Causa Galiza, é necesario ter en conta unha serie de elementos que explican a fotografía, tamén desde un ponto de vista crítico, e preveñen contra as mensaxes destrutivas que o españolismo há querer espallar.

Á partida, a manifestación non tivo un seguimento semellante ao de convocatorias do Día da Patria ou na defensa da lingua, ainda reunindo varios milleiros de persoas. Á marxe do baile de cifras, que non interesa en absoluto —nen debería— a sensación dunha parte importante das persoas que acudiron é a de que "faltou xente". É certo. Á premura na organización e difusión desta manifestación, sumouse a referida ausencia dalgunhas organizacións, xa sabida, ademais da de determinados sectores organizados dentro das organizacións convocantes.

Por outra parte, as forzas convocantes non foron quen de mobilizar toda a súa base social. Isto, por dous motivos: en primeiro lugar, é probábel que un acrecentamento do debate e posta en común coas bases nacionalistas logre ofrecer maior alicerce a unha liña mais proactiva na reivindicación da soberanía no conxunto do nacionalismo e á capacidade de colaboración doutras organizacións, que até a altura tiñan protagonizado algúns dolorosos procesos de confluencia e diverxencia. Dese modo, podería conseguirse, no futuro, un maior éxito numérico.

En segundo lugar, a desconfianza de partida necesita tempo para disiparse completamente e deixar, así, paso á unha colaboración de sectores de diferentes procedencias, mais con obxectivos partillados. Van nesa liña, precisamente, as palabras do manifesto que chama a "artellarmos unha alianza para producir un novo proceso que permita recuperar os nosos dereitos políticos, económicos, sociais, lingüísticos e culturais como pobo" así como declaracións particulares de organizacións convocantes como Nós-UP ou o Movemento pola Base, favorábeis ao entendemento e á unidade de acción. Non hai dúbida de que o reforzamento da liña política soberanista levará máis tempo. Convén, contodo, ter paciencia e altura suficiente para evitar recúos e novas contradicións, nun momento en que se está a avanzar decididamente polo camiño certo.

Así as cousas, o que parece evidente é que esta manifestación conxunta reforza na práctica a precisa unidade en torno á defensa da soberanía nacional como discurso central para a atualidade galega por parte das organizacións convocantes, polas consignas que se ouviron, polo manifesto lido e polas repercusións inmediatas que está xa a ter para o conxunto do nacionalismo galego. Un discurso central que encarna a idea de que, na nación galega, moitos dos problemas do pobo precisan, para a súa resolución, da soberania nacional frente a un Estado español corrupto, antidemocrático e destrutivo das conquistas sociais e as identidades nacionais dos pobos.

Considérese, en calquera caso, que esta unidade de acción mais ampla é un proceso aínda apenas encetado. O que onte foi un agregado de organizacións, onde tamén estaban a CIG, COG, FRUGA, Agir, AMI, Briga, os Comités, a Liga Estudantil Galega, Galiza Nova e Isca!, deberá superar os vellos seitarismos e xermolar en forma de encontros para a loita pola emancipación nacional e social. Mais para iso cómpre tempo, paciencia e saber estar. Os próximos meses deberán confirmar o que hoxe comeza. Avante.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.