1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (1 Votos)

diqueferrolGaliza - ADREP - Onte aproveitando a baixa mar o colectivo de Acción Directa de Recuperación de Espazos Públicos de Ferrol traballou no Dique Civil de A Cabana, posiblemente, o dique destas características máis antigo de España. Os traballos se centraron na limpeza de herba, algas, e mexillón dos muros, e  a retitada de bloques de cemento tirados no fondo.


O dique é unha das pezas seleccionadas para lograr que se elixa a nosa cidade como parte do Patrimonio da Humanidade. Isto parece descoñecelo o actual goberno do Sr Rey Varela, que para o único que se acordou da candidatura da nosa cidade foi cando patrocinaron o Racing de Ferrol con 229.500 euros, por lucir o anagrama na súa camiseta.

E como non hai 1 sen 2...

O señor Alcalde presenta estes días á cidadanía dúas obras, ambas denomínaas como "Pulmón Verde", 450.000 euros para o Parque Raíña Sofía e outros 916.426,06 euros para a Praza de España.

Descoñece o goberno de Ferrol que ese "Pulmón Verde" xa existe??. Pois así é, e o teñen abandonado, trátase do terreo do Montón de Caranza, de 28.000 m2, nesta esta zona verde municipal realizouse un estudo, que demostrou que contén máis dun millar de árbores de 58 especies diferentes, algúns son exemplares realmente valiosos, como un Buxo de catro metros de alto que, polo seu tamaño, é o cuarto en importancia dos que hai nos parques públicos, un cedro do Atlas, ou a concentración de 103 loureiros, dos cales destaca, un por ser "extremadamente grande". O que o converte a esta zona de Ferrol nun auténtico parque botánico.

Esta información sae recollida na propia Web do Concello.

Actualmente nesa zona amontóanse toneladas de residuos, repartidos en catro vertedoiros ilegais permanentes, ante a total pasividade do actual goberno local.

Tampouco entendemos como é que os partidos na oposición non piden contas sobre este proxecto. Sobre todo o PSOE, que foi o partido que promoveu no seu día este estudo ecolóxico.

Fotos dos traballos

Foto: ADREP


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.