1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

201112 Crass pete steve andy-1024x685Galiza - Cineclube Compostela - O ciclo sobre o movemento punk continúa este mércores 21 no Cineclube de Compostela coa proxección de de Crass.There’s No Authority But Yourself (Alexander Oey, Países Baixos, 2006). O filme estará acompañado ademais dunha mesa redonda na que contaremos coa participación de Ángel Calvo, Alberte Leis e Leo F. Campos, moderados por Susi Guerra.  A sesión vai ter lugar no lugar e horario habituais, no CS O Pichel (Santa Clara, 21) a partir das 21:30 horas. 


Cun título collido do final do album Yes Sir, I Will (“Tes que aprender a vivir coa tua propia conciencia, a túa propia moralidade, a túas propias decisións, o teu propio ser. Ti só podes facelo. Non hai máis autoridade que ti mesmo”), Crass.There’s No Authority But documenta desde o 2006 (máis de vinte anos despois), a historia da banda Crass. O filme mestura imaxes de arquivo da banda e entrevistas aos seus membros, así como a actividade actual dos músicos: actuacións nun club de jazz, produción de compost ou talleres de permacultura.

Crass, activos entre 1977 e 1984 foi unha das bandas do punk cun maior compromiso no activismo político, caracterizados polo anarquismo, a defensa da acción directa e dos dereitos dos animais. Máis ca iso, nas palabras de Servando Rocha, “foron conscientes de que tiñan capacidade de ser unha central de información disidente e un elo nunha vasta rede de resistencia a escala internacional”. A súa produción foi máis alá da música, incluíndo grafittis, collages, poesía, manifestos ou vídeos, dentro da filosofía do ‘Do it yourself’.

O director da fita, o holandés Alexander Oey, ten dirixidos numerosos documentarios para a televisión para canles como a VPRO, a NPS ou a BOS. Entre os seus títulos atopanse algúns filmes que causaron especial controversia como O Euro-Islam segundo Tariq Ramadan (2005) e A miña vida como terrorista: A historia de Hans-Joachim Klein.

Acompañando ao filme, o Cineclube organiza tamén nesta sesión unha mesa redonda para reflexionar sobre o movemento punk. Nela participarán Ángel Calvo (cantante de Skarmento e creador dos fanzíns Desastre nuclear e Fóra de control), Alberte Leis (baixo de Samesugas e responsábel da distribuidora Lixo Urbano) e Leo F. Campos (alma mater de O Leo i Arremecághona!!! e compoñente de Labregos do tempo dos Sputniks e Das Kapital), e contará coa moderación de Susi Guerra.

O ciclo vai continuar aínda o mércores que ven, desta volta cun filme de ficción. Out of the blue
(Canadá, 1980), o terceiro título dirixido por Dennis Hopper, retrata a historia dunha adolescente rebelde, no contexto da escena punk de Vancouver dos anos oitenta. No filme aparecen varias iconas da época como os Pointed Sticks.

O filme vai ser proxectado na súa versión orixinal con subtítulos en galego. A entrada é de balde, puidendo adquirir un bono axuda para colaborar co Cineclube. O Cineclube tenta ser unha asociación autoxestionada, polo que para manter o noso funcionamento, propoñemos unha aportación económica persoal, cunha cota mensual de 5 euros para traballadoras e de 3 para estudantes e paradas. Os socios e socias poderán dispor do fondo do Cineclube antes das proxeccións, os mércores de 21:00 a 21:30.

PRÓXIMAS PROXECCIÓNS

CICLO PUNK

Mércores 21 de novembro ás 21.30 no Pichel
Crass. There’s No Authority But Yourself 
(Alexander Oey, Países Baixos, 2006, 64’, VOSG)
Mesa redonda sobre o movemento punk

Mércores 28 de novembro ás 21.30 no Pichel
Out of the blue
(Dennis Hopper, Canadá, 1980, 94’, VOSG)

Foto: Cineclube Compostela - Crass


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.