1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

ADOLESCENTES 1Galiza - Cineclube Compostela - O Cineclube de Compostela acolle este mércores 31 de outubro a primeira sesión de cinema galego desta tempada. Nesta ocasión, será Ángel Santos o que visite o Cineclube para presentar o seu filme Adolescentes (Galiza, 2011), unha visión contemplativa e libre de prexuízos sobre a adolescencia a través de diferentes retratos filmados. Despois da proxección haberá un debate co realizador. A sesión vai ter lugar no lugar e horario habituais, no CS O Pichel (Santa Clara, 21) a partir das 21:30 horas. 


Adolescentes é unha sucesión de retratos filmados. O seu motivo de estudio son os rapaces e rapazas que en pequenos ou grandes grupos, parellas ou en solitario, agardan nas rúas a que o tempo pase a través deles. Uns retratos nos que tan importante é a actitude da nosa mirada -limpa, paciente- como a que os mesmos protagonistas devolven á cámara ou proxectan ao seu arredor. Unha visión da adolescencia contemplativa e non enxuizadora, na que sen embargo podemos recoñecer os modos, lugares, e inquedanzas da mocidade.

Sen pretensións de avaliar ou producir xuízos de valor, Adolescentes non ten medo tampouco de definirse como un “proxecto cinematográfico documental, poético e político”. A través de retratos lindados pola capacidade dunha bobina de 16 mm (algo menos de tres minutos), este filme capta os mozos no seu propio espazo, nos momentos de ocio, tentando reflectir esa espera, como premisa fundamental, que semella artellar toda a experiencia da adolescencia. No pano de fondo, a realidade dunha xeración especialmente exposta ás novas tecnoloxías e á ideoloxía exhibicionista que estas transmiten, e o contraste entre estes retratos cinematográficos e a distorsionada visión da mocidade que proxectan os medios.

Licenciado en Historia da Arte pola Universidade de Santiago de Compostela no ano 2000, Ángel Santos trasládase a Barcelona ese ano para realizar un curso de guión e alí comeza a traballar en distintos apartados técnicos en curtametraxes do Centre d'Estudis Cinematogràfics de Catalunya (CECC), onde vai obter a Diplomatura en Dirección Cinematográfica tres anos despois. Xa como director, realiza pequenos traballos en vídeo, e a curta A. (2002), que lle abre as portas para a realización dunha curta en celuloide: Setembro (Os amores novos) (2004), á que seguirán outros títulos, entre eles O cazador (2008), Anotacións para Dous fragmentos/Eva (2008), Sara e Juan (2009), Fantasmas#1 (2010), Dous fragmentos/Eva (2011) e este Adolescentes. No Play-Doc e no Curtocircuito deste ano puido verse o seu último filme, Fantasmas#2.

 

O filme vai ser proxectado na súa versión orixinal. A entrada é de balde, puidendo adquirir un bono axuda para colaborar co Cineclube. O Cineclube tenta ser unha asociación autoxestionada, polo que para manter o noso funcionamento, propoñemos unha aportación económica persoal, cunha cota mensual de 5 euros para traballadoras e de 3 para estudantes e paradas. Os socios e socias poderán dispor do fondo do Cineclube antes das proxeccións, os mércores de 21:00 a 21:30.

Ciclo Punk

A cuarta feira que ven, 7 de novembro, o Cineclube de Compostela vai encetar un novo ciclo, a desenvolverse durante todo o mes, co que conmemoraremos os 35 anos do nacemento do movemento punk. O ciclo vai dar comezo coa proxección de The Decline of Western Civilization (Penelope Spheeris, EUA, 1981), documentario filmado entre 1979 e 1980 que recolle a escena punk-rock de Los Angeles.

Foto: Adolescentes


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.