1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

251012 cientificos-web1Galiza - Praça - A Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología, FECYT, vén de presentar os datos da VI Enquisa de Percepción Social da Ciencia e a Tecnoloxía en Españaque se levou a cabo en todos os territorios do Estado. En xeral, pódese dicir que o interese de galegos e galegas pola ciencia e a tecnoloxía é aínda escaso e redúcese a un sector pequeno da poboacíón: o 11,3%. Porén, advírtese unha tendencia ao crecemento dende os datos moi inferiores de 2004: 6,4%. O interese é maior nos homes que nas mulleres e moi superior entre os menores de 35 anos, entre os que rolda o 20%, que noutros grupos de idade.


Sete de cada dez entrevistados cren que debería incrementarse o investimento público en ciencia e tecnoloxía, mentres que un 20% opina que debería manterse e apenas un 3% que debería reducirse. De igual xeito, catro de cada dez galegos afirman que estarían dispostos a facer doazóns económicas para financiar proxectos de investigación.

Os galegos e galegas afirman que a súa cultura cientifica é "baixa" ou "moi baixa" e só un 7% a considera "alta" ou "moi alta". En canto á profesión de investigador e investigadora, os galegos consideran que ser científico compensa personalmente (70,0%), é atractivo para a xente nova (61,2%) pero tamén opinan que non ten un alto recoñecemento social (65,1%) e que é unha profesión que está mal remunerada (54,4%). Una gran maioría asocia a ciencia con mellora da calidade de vida (92,1%) e desenvolvemento económico (91,1%).

A televisión é o medio preferido dos galegos para informarse sobre ciencia e tecnoloxía (43,8%), seguido de Internet (32%) e da prensa impresa (9,1%). Entre os menores de 45 anos o uso de Internet para informarse sobre estes temas supera o 70%.

Foto: UIMP


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.