1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

221012 marcialvillamoratoGaliza - Adiante - O pasado sábado 13 de outubro, as organizacións sindicais CUT e CNT e mais a organización da mocidade ADIANTE reunímonos para render homenaxe a Marcial Villamor, un de tantos e tantas que decidiron resistir, fose cal fose o prezo, ao avance do fascismo. Esta loita, esta resistencia, costoulle a Marcial Villamor a vida, cando en setembro do 37, fai xa 75 longos anos, foi asasinado dun tiro na testa.


Para tentar abranguer a totalidade da súa vida, a homenaxe realizouse durante tres días consecutivos:

O xoves 11, houbo un encontro cos seus familiares no Bar Olvido, na rúa do mesmo nome, e na que vivira Marcial Villamor. O seu neto, Manuel Sanmartín, achegounos a visión máis íntima e humana da vida de Marcial Villamor.

O venres 12 puidemos contar co historiador Eliseo Fernández, que falou sobre a vida política de Marcial e mais a situación do sindicalismo e a represión na comarca de Compostela, nos tempos de Marcial Villamor.

O sábado 13 levouse a cabo o acto central da homenaxe a Marcial Villamor. Primeiro, interviu a compañeira de Adiante Laura Sousa, que recordou a figura de Marcial, establecendo paralelismos entre a opresión franquista e denunciando o réxime continuista no que hoxe vivimos.

Despois dunha canción de Mini e Mero de A Quenlla, que tamén quixeron homenaxear a Marcial Villamor, interviu Martiño Paradelo, da CNT, que honrou a memoria de Marcial, e recordou a súa humildade, nada de saberse envolto nun proceso de loita colectiva no que tantas outras persoas loitaban xuntas, un home constante na súa formación e na dos demais, consciente de que a formación era a arma máis forte para atacar ao inimigo, ó fascismo máis escuro e ignorante que esta terra viu.

De seguido interviu Mari Fidalgo, pola CUT, lembrando a figura de Marcial, e a necesidade destas homenaxes a todas as persoas asasinadas e encadeadas durante a sublevación militar do 36 e a posterior ditadura fascista de Franco. Para rematar, quixo facer chamamento á Folga Xeral como ferramenta de loita para a clase obreira, mais a unha Folga Xeral ampla, que abranguese todos os eidos da nosa vida, pois como ela dixo “o traballo xa non é o único campo de loita polos dereitos”. 

Tras as sentidas cancións de Mini e Mero, das emotivas intervencións das compañeiras, coas bágoas a piques de saír, veu a intervención da familia. O seu neto Manuel Sanmartín agradeceu a presenza de todas as alí reunidas, lembrou a figura do seu avó coma un home que nunca puido ser vencido, un home que deixou semente de vencer en todas nós, para continuar a loitar pola emancipación social e por unha sociedade xusta, que era o que Marcial quería.

Tras a intervención final, léronse dous poemas, un en homenaxe a Marcial e outro en homenaxe á súa muller e todas as penurias que tivo que soportar e soportou con valentía.

O pequeno bisneto de Marcial Villamor comezou a ofrenda floral na placa conmemorativa da Praza Marcial Villamor, rematando simbolicamente unha homenaxe cargada de sentimento e lembranza da figura de Marcial Villamor. Posteriormente celebramos un xantar popular de convivio entre as tres organizacións xunto coa xente que coa súa presenza quixo render homenaxe á memoria do loitador de Sar.

(A seguir deixamos ao voso dispor a intervención da nosa compañeira Laura Sousa no acto do sábado 13)

"Marcial Villamor Varela, de 38 años de edad, natural de Vilauriz-Toques-La Coruña, hijo de padre y madre, cuyos nombres se ignoran, domiciliado en Santiago de Compostela, calle del Olvido, 18, ebanista, casado, falleció en Rego d'Os Vidalos-Ferreira, el 28 de septiembre de 1937, a las 6, a consecuencia de hemorragia cerebral.

Esta é a acta oficial de defunción de Marcial Villamor, mais tamén, e sobre todo, é a mostra de como a dereita xoga e xogou sempre coa mentira e as medias verdades. Fixérono ocultando o disparo que lle causou a hemorraxia a Marcial, e a iso é ao que nos teñen acostumadas: a facer pasar a loita de clases por recortes, a facernos crer que o idioma discriminado é o castelán, a facer ver que a igualdade entre xéneros é xa un feito. A amosarnos as consecuencias como causas, aínda despois de pasados 75 anos. E a mesma dereita que fixo unha cousa fai agora a outra, porque nunca conseguimos rachar co réxime franquista, cos asasinos de Marcial.

Porque non eran tan diferentes “os grises” da policía nacional de hoxe en día, que pega igual de forte e impórtalle igual de pouco que as súas vítimas sexan menores de idade que loitan lexitimamente por un ensino público, democrático, científico, antipatriarcal, galego e de calidade, como pasou antonte en Ourense, onde houbo mozos que acabaron cos pulsos rotos e as costelas malladas. E non era tan diferente aquel “no sea bárbaro, hable castellano” das declaracións do señor Wert dicindo que hai que españolizar as crianzas catalás. E tampouco eran tan diferentes as doutrinas da Sección Femenina das políticas de Gallardón, da reforma da lei do aborto que nos fai retroceder case 30 anos; nin das manifestacións de fanáticas polo chamado “dereito á vida”, que din que os tres supostos tamén son asasinato, pero non lles parece un asasinato que as nais morran parindo nos casos de embarazo de alto risco. E tampouco parece moi distinto aquilo de “España es una y no 51” da negación do dereito de autodeterminación e dos impedimentos para que as nacións prisioneiras do Estado español decidan o seu propio futuro.

Nunca conseguimos rachar co réxime do franquismo, porque faltaba xente coherente e consecuente como Marcial Villamor. Porque aniquilaban a esquerda real, condenada á clandestinidade e ao olvido. Pero esa esquerda real, a que loita e sae ás rúas independentemente dos períodos electorais, a que non vende un discurso para pactar outro, a que non ve outra forma de construír o futuro que derrubando este sistema, reúnese aquí hoxe nesta homenaxe, consciente de que a obra de Marcial e as súas compañeiras quedou inconclusa, e que é a nosa obriga tomar o relevo.

Deixou dito Marcial Villamor en 1929 que: “[...] Para que non sucedan estas cousas deixemos xa as queixas inútiles e mans á obra, a impedir que estas se repitan. Como? Temos tres remedios principais. Cales? A organización, a vontade e a instrución. A organización quere dicir unión, a unión  supón forza, e a forza ao servizo dos nosos dereitos berra: respecto! A vontade é o resorte da organización; que non vos falte nunca, e a organización vencerá por riba e a pesar de todo. A instrución é o medio máis eficaz para empregar con maior vantaxe a forza e asegurar así dun modo máis positivo os éxitos das nosas accións e conseguir con menos esforzos as nosas aspiracións.”

A nós vontade sóbranos; instruímonos mirándonos no exemplo de grandes referentes como ao que hoxe homenaxeamos, e seguimos traballando con forza para organizar cada día máis mocidade revolucionaria que teña no horizonte a construción dun mundo no que impere a xustiza, sen explotadores nin explotadas; sen conquistadores nin conquistadas. Unha mocidade que continúe a obra das persoas que deron a súa vida por nós; que traballaron por legarnos un mundo mellor. Unha mocidade que teña claro que hai que seguir loitando para converter en clamor o berro que di:

Viva Galiza antifascista!"

Foto: Adiante


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.