1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (1 Votos)

250912 bilhardaseramGaliza - O Fervedoiro - Hai contra certas cousas que non podemos combater, fixemos o posíbel por devolver ao estado que merece a área dos Albariños, porén atopábamonos agora cun inimigo maior ca o desleixo dos/-as que ocupan o poder;  ese era a previsión meteorolóxica. Cecáis o único atranco que podía dobregarnos na teima por continuar a mergullar á nosa comarca no incríbel universo do varal, máis unha vez. E a dous días da celebración do II Aberto de Cuntis a ameaza de choiva era altamente probábel.


Por sorte as condicións climatolóxicas do sábado aliánbanse co Fervedoiro e daban vía libre para pór en marcha unha completa xornada de varal e confraternidade no que volta ser, por iniciativa popular, área recreativa dos Albariños libre de toxos e fento.

Máis de cen persoas, dende cativos a maiores, participaron ao logo do día nos diversos actos programados; partido amigábel de fútbol sala, xogos tradicionais, foliada, xantar popular e por suposto billarda. Desta volta conseguimos reunir a 55 palanadores e palanadoras no verde dos Albariños, case duplicamos a cifra do ano pasado, que durante máis de tres horas desputaron un Aberto moi competido que terminou levando Luis Camiña na gran final. Despois da protocolaria entrega do agasallo ao campión aínda tivemos tempo de botar máis bailes antes de que caese o sol. Por falta de lús eléctrica nas farolas alí instaladas houbo que ir coa música a outra parte, xa nada nos sorprende na xestión deste concello logo de ver o estado no que se atopaba esta área días atrás.

A conexión O Fervedoiro – LNB camiña con paso firme para consolidar o Aberto de Cuntis como cita ineludíbel para os amantes deste xogo e xa de paso seguir meténdolle a cada vez máis xente o vicio billardeiro no corpo. É doado colaborar coa tropa do Varal, e que perdure no tempo esta irmandade, grazas a paixón compartida por recuperar e poñer en valor o que é noso, nesa teima por achegar un grao de area máis na difícil tarefa de facer país nesta terra con tan pouco amor propio e na terna loita por rematar convertendo os anceios en realidades e as ideas en feitos.

 Billarda sempre!

AGRADECEMENTOS: Grazas mil aos Cangrexeiros de Taragoña por ofrecernos de balde a música que levan dentro, só a cambio de acompañalos no baile, coma nos vellos tempos! A ENE-A Fotógrafos polos servizos prestados, a todas as persoas que a título indiviual nos botaron unha man, as que quixeron estar canda nós neste día, a xente do Festival Antros Pinos, a do movimento billardeiro que se achegaron dende diversas latitudes do país e, como non, aos veciños e veciñas de Guimarei por toda a axuda que nos ofreceron ao longo de toda a semana.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.