1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (1 Votos)

200912 UnguentarioGaliza - ODS Coia - Non sei que esperarán atopar as persoas que se acheguen ao Museo de Mar de Vigo a contemplar o ungüentario tardorromano atopado nunha intervención arqueolóxica -dirixida pola arqueóloga Mar Cortegoso-, no marco da ampliación do túnel do Areal. O cidadán podería pensar que o gran balbordo mediático está xustificado pola chegada dun vestixio de singular beleza ou dun valor histórico extraordinario.


Pero, que podemos admirar no Museo do Mar? Pois unha pequena xerriña feita de cerámica, fragmentada,.... e bastante anódina, sen maior atractivo ou interese estilístico. Postos a elixir pezas belas, o propio xacemento de Areal/Rosalía de Castro proporcionaríanolas abundantemente: dende a magnificencia das grandes ánforas que transportaban viño, aceites ou salgaduras, ata a delicadeza das decoracións nas cuncas de Terra Sigillata Africana.... Se o criterio que marca a importancia dun achado arqueolóxico é unicamente o seu valor estilístico, pois nestes casos quizais poderíamos estar ante restos máis admirables.

Sen embargo, o punto de partida ten que ser completamente distinto. Unha peza arqueolóxica non ten valor per se: o verdadeiro valor está no contexto no que se insire, na realidade arqueolóxica á que se asocia. Ao fin e ao cabo, o obxecto como tal non importa, ten interese como vestixio de sociedades pretéritas que construíron e usaron eses obxectos. O utensilio por si mesmo, despoxado do envoltorio social que lle confería o seu verdadeiro sentido, non é máis que un fetiche banal.

O contexto histórico do ungüentario si que é digno de admirar e conservar. Hai que retrotraerse ata o século VI d.C., nun Vicus Aeleni destacado como un porto comercial de primeira clase, centro de chegada de mercadorías dende o Mediterráneo oriental e á súa vez distribuidor por mercados secundarios (nos litorais cantábrico, francés e británico). Ese, penso, é o verdadeiro valor do ungüentario, o contexto arqueolóxico ao que se asocia.

E aquí chegamos ao fondo da cuestión: mentres que removeuse Roma con Santiago (nunca mellor dito) para que volvese a Vigo a peza cerámica -enarborada como bandeira dun viguismo marxinado e vilipendiado- non se moveu un dedo loitando en prol da conservación e protección dun xacemento arqueolóxico nun extraordinario estado de conservación e de indubidable valor histórico (estou a pensar na Unidade de Actuación Rosalía II, onde conflúen as rúas García Barbón e Rosalía de Castro).

Institucionalmente anúnciase a chegada e exposición do ungüentario aos catro ventos, convertendo a Historia nunha disciplina simple e pueril. Por sorte, este tipo de praxis arqueolóxica xa foi superada hai décadas, e hoxe sabemos que o tesouro non é o resto material, senón que a riqueza está en todo o que hai detrás del.

Foto: Vigo al Minuto


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.