Declara agora Fernández Castiñeiras, que se encontra preso no macrocárcere de Teixeiro, que roubou o Códice seguindo as directrices marcadas polo deán José María Díaz e “outro administrador” do que non se precisa o nome. A finalidade daoperación –ampliamente lograda- sería dar proxección internacional á Catedral de Compostela, cuxa recadación, segundo informa El País Galicia,“baixa de forma notoria nos anos ordinarios, é dicir, os que non son santos”. Segundo a fonte citada, Fernández Castiñeiras “recibiría diñeiro” por esta participación antes de que o Códice retornase ao seu lugar.
As declaracións do electricista que mantivo unha relación laboral coa Catedral de Compostela durante 33 anos fixéronse a solicitude da defesa do preso e incitan a pescudar nunha tese que xa é vox populi entre a veciñanza da cidade: que a desaparicióndo Códice Calixtino é un delito no que M. F. C. sería apenas un oportuno chivo expiatorio, existindo detrás da súa presunta actuación unha trama de responsabilidades que implicaría importantes responsábeis da curia compostelana.
Foto: CdP


