1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (2 Votos)

ULTRA PRESENT lelenconatashaGaliza - Grupo Chévere - A Ultranoite é un cabaré colectivo sobre a actualiade que leva 20 anos facéndose en Santiago de Compostela e agora no concello de Teo. As funcións na Coruña serán no Fórum Metropolitano os días 11, 12 e 13 de outubro ás 23,00h.


As entradas xa están á venda en:

https://taquilla.servinova.com/entradas/main.php?Nivel=Evento&idRecinto=34&idEvento=3856

A Ultranoite colle as maletas para trasladarse por primeira vez ata A Coruña. Despois da decisión de Feijoo, será en plena campaña electoral. E será a taquilla e co IVE das entradas disparado (é dicir, os artistas cobrarán en función das entradas que se vendan). Pero a Ultranoite, vendo o rápido que se desmorona o noso Estado do Benestar, quere achegarse ao público doutras cidades e comarcas para compartir esta práctica de autodeterminación teatral co maior número de xente posible.

Coma sempre, a Ultranoite transporta música ao vivo, humor irreverente, teatro feito a pé de rúa, onde a espontaneidade e a improvisación faise con alevosía e nocturnidade. Un cabaré distinto, actual, crítico, gamberro e incorrecto. Unha revista ao vivo para repasar a actualidade con toda liberdade.

Un espectáculo que conta coa participación de 12 artistas sobre o escenario. Todo un luxo nos tempos que corren. Actores e actrices con moitas táboas e moito humor como Miguel de Lira, Patricia de Lorenzo, Manuel Cortés, Mónica García. Figuras singulares da escena galega como Carlos Santiago. E músicos tan solventes como Xacobe Martínez Antelo, Max Gómez e Manuel Cebrián. Haberá novas incorporacións segundo se achegue a data.

A Ultranoite ademais ofrece un formato de espectáculo distinto ao público, que poderá sentar nunha mesa e tomar unha copa mentres goza dos distintos skecthes, convertindo o Fórum Metropolitano nun clube ao máis puro estilo berlinés.

E aínda que a Ultranoite faise sobre a marcha para apurar os temas do día a día, xa se está a traballar en novos números que se presentarán na Coruña. Falarase da subida do IVE, de Sanchez Gordillo e os asaltos aos supermercados, da segregación por sexos nas escolas, do roubo do Códice e das inexploradas relacións entre o Deán e o electricista da catedral, das touradas, de María Pita e Alfonso Molina, das Pussy Riot e das Cándidas Católicas Coruñesas. E por suposto, contaremos coa presencia dos nosos tertulianos mais veteranos, don Mariano e Juancar.

Se queres ser cómplice do humor máis gamberro do teatro galego e español, non podes perder esta Ultranoite na Coruña!

Foto: Grupo Chévere


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.