1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (1 Votos)

300812 acampamentoadianteGaliza - Adiante - O pasado fin de semana tivo lugar na praia da Queiruga, en Porto do Son, a primeira edición do que pretende converterse nun dos eventos anuais na vida da nosa organización: a Acampada de Formación de Verán. Concibida como un espazo de encontro e reflexión, á marxe da absorbente axenda política, esta actividade permítenos abordar temáticas máis esquecidas no activismo cotián, profundar noutras tratadas superficialmente ou, simplemente, conxugar o tempo de lecer coa necesaria formación de militantes que loitan por mudar a realidade.


Comezamos esta primeira xuntanza falando de represión, que é (e será) unha das problemáticas a enfrontar no noso activismo. Partindo dunha guía básica e dun protocolo de actuación que debe ser do coñecemento de todas, fomos plantexando conflitos máis complexos e poñendo en común xeitos de resolver e reverter os mecanismos do Estado na criminalización da loita social e sindical. Unha loita na que, con maior frecuencia da que desexásemos, vémonos na obriga de responder a intimidacións e agresións físicas. Por este motivo, tamén a defensa persoal foi unha das sesións formativas que incluímos, aprendendo un xogo de técnicas básicas que nos darán maior seguridade nos previsibles contextos de violencia que agardan

Os micromachismos, e como afectan á vida militante, foi a materia que serviu para a autocrítica do noso colectivo e para a proposta de vías de mellora. Houbo tamén tempo para a análise máis teórica, cunha palestra titulada “Normativización do idioma galego e a súa incidencia no proceso de normalización” debatemos arredor das diferentes escollas gráficas na historia da nosa lingua e o contraste co avanzo no seu uso en diferentes eidos.

Finalmente, conscientes da importancia da autonomía e da liberación sobre os propios corpos, tanto na xornada do teatro da oprimida, na que abordamos a diversidade sexual, como nunha vivencia coa que pechamos a acampada titulada “Corpo para a vida, corpo para a loita”, reservamos oco para cuestionarmos a mercantilización e as limitacións sociais da relación que establecemos co corpo propio e co das outras.

Desde Adiante, agradecemos ás simpatizantes e colaboradoras que fixeron aportacións ao desenvolvemento desta 1ª Acampada. En tempos nos que o sistema precisa máis ca nunca educarnos en valores compatibles coa súa lóxica insostible, nós traballaremos teimudamente a nosa rebeldía.

Foto: Adiante


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.