1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

170812 cinema brzGaliza - Sermos Galiza - Comeza o 35 Festival de cine de Douarnenez (en Finistère, na Bretaña), que dedica esta edición ás cinematografías catalá, vasca, galega e andaluza, e a onde chegará para a a semana o veleiro Estelle, no seu camiño a Gaza.


Entre esta sexta, 17, e o 25 de agosto, poderanse ver filmes de Margarita Ledo ou Oliver Laxe, ou unha mostra das curtas de Cans. Asemade, o día 20, o veleiro Estelle, pertencente á Frota da Liberdade, aportará o día 20 en Douarnenez. Na súa viaxe a Gaza, para tentaren romper o bloqueo israelí por mar, saíu do Báltico e recalará en portos do Atlántico, Cantábrico (para a semana está en Donosti) e Mediterráneo.

O chamado “Festival das Minorías” é un dos festivais de cinema máis antigos de Francia: naceu no ano 78 con vontade de amosar diversas cinematografías, culturas e linguas, e de abordar problemáticas sociais e históricas. Este ano dedica especial atención ao cine catalán (que xa tivera especial presenza no festival do 86), ao vasco (convidado no 88), ao galego e ao andaluz. 

Entre os filmes galegos que se poderán ver nesa outra Fisterra figuran os documentais de Margarita LedoListe, pronunciado Líster, ou Santa Liberdade; As Encrobas, a ceo aberto, de Xosé Bocixa; Brasil somos nós, de Robert Bellsolá; A illa de Chelo, de Odette Martinez-Maler, Ismael Cobo e Laetitia Puertas; N-VI, de Pela del Álamo; Tempo de Recolleita, de Félix Blume; e Todos vós sodes capitáns, de Oliver Laxe, premiado en Cannes, no 2010. E de Cannes a Cans: un programa especial recolle as curtas do festival do Porriño. Tamén haberá filmes de ficción: 18 comidas, de Jorge Coira, Os Crebinsky, de Enrique Otero, ou o filme de animación Enrugas, de Ignacio Ferreras, baseado no cómic de Paco Roca, Mar adentro, de Alejandro Amenábar, e Os luns ao sol, de Fernando León.

Outras seccións están dedicadas ao cine bretón, á memoria histórica no Estado español, ou a cuestións sociais (Le Monde des Sourds “O mundo d@s xord@s”), e terán lugar os primeiros encontros LGTBQI no marco do festival, con catro xornadas de debates e 15 filmes. Asemade, proxectaranse filmes dentro dunha programación pensada para o público máis novo.

Encontros e olladas para o debate

O cine compleméntase con encontros e exposicións, coma a mostra do traballo do fotógrafo de José Caruncho, Olladas do silencio, que recolle retratos de persoas que habitan o Courel. Xosé Manuel Beiras, Manuel Rivas, Margarita Ledo ou María Lopo participarán en debates sobre o exilio, lingua, cultura e identidade, ou memoria histórica despois da Transición. Rivas participa tamén nun encontro literario o día 23.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.