Nestes momentos onde medran as dúbidas arredor do sistema financieiro en xeral e a banca en particular, Raúl Asegurado e Manuel Rivera amosarannos outro xeito de entender as relacións entre aforradoras/es e demandantes de financiamento.
Dende o Colectivo cremos que é imprescindible que sexamos conscientes do que a banca tradicional fai cos nosos aforros para poder actuar consecuentemente. Estamos a favor da industria armamentística, da especulación financieira, da industria contaminante, do modelo urbanístico desenvolto no noso país...? Se a resposta é non, e non queremos ser cómplices de todo isto, achégate a coñecer outros modelos (banca ética e cooperativas de crédito).

