1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

130512 12m15mobradoiroGaliza - Galiza Confidencial - O capitalismo é o terrorismo" foi un dos lemas coreados nas protestas que se celebraron nas cidades galegas. Ausencia de lemas ou bandeiras políticas. "Hai máis razóns que nunca para estar na rúa", din desde o 15M.


Un ano despois de que milleiros tomaran as rúas de toda Galicia, o movemento do 15M segue tan vivo, ou máis, que entón. Novamente, foron milleiras as persoas que voltaron a participar nas manifestacións convocadas por todo o país; preto de 8.000 na Coruña, máis de 5.000 en Compostela e outro tanto en Vigo. En total, máis de 30.000 persoas nas distintas protestas convocadas en Galicia segundo citan distintos participantes a través das redes sociais, tal e como podedes seguir a través do GC.

As manifestacións transcurriron con total tranquilidade, sen presencia policial e sen incidentes. Tampouco houbo lemas políticos, nin bandeiras partidaria aínda que si moitos carteis alusivos á crise e con duras críticas ao sistema político e financieiro actual.

"Méndez, ladrón"

Na Coruña, algún dos participantes ás protestas mesmo deixou un cartel na sede do PP local na que se podía ler "Méndez, ladrón". "Todos ao chan, isto é un atraco", "O capitalismo é o terrorismo" ou "con este sistema imos de cu", foron outros dos lemas coreados nas distintas protestas.

As distintas manifestacións transcurriron nun ambiente festivo e con presenza, principalmente, de xente nova, aínda que tamén había nenos, familias enteiras e mesmo xente xa veterana. En todas as protestas, os manifestantes esixiron un "cambio global", que era o lema desta protesta.

As marchas cidadás percorreron as rúas das grandes cidades como Vigo, Santiago ou A Coruña, pero tamén de vilas e comarcas coma O Morrazo ou Chantada. Desde o 15M insisten en que, agora, "hai máis razóns que nunca, máis incluso que hai un ano" para saír a rúa debido aos recortes en sanidade ou educación, a nova reforma laboral ou un desemprego que vai en ascenso e parece que non vai parar".

Balance positivo

O balance que fan os 'indignados' deste ano é positivo e comentan que conseguiron pequenas vitorias a nivel local, como a paralización de desafiuzamentos ou a visibilización das protestas cidadás no tocante á sanidade ou á banca. Todos coinciden en que o logro máis importante foi que "os galegos mobilizáronse por un movemento artellado e organizado exclusivamente por eles mesmos, polos propios cidadáns", como destaca Hazel, do 15M Vigo.

Os integrantes deste movemento recoñecen que queda todavía moito que facer, e que hai que aprender dos erros pasados, Afonso, da Coruña, comenta que "ás veces xorden grupos de xente con ópticas diferentes sobre o mesmo problema, pero estamos todos no mesmo barco e sairemos adiante se non esquecemos os obxectivos principais".

O movemento alén das grandes cidades

O movemento dos 'indignados' en Galicia non só está nas grandes cidades. Tamén está presente en poboacións máis pequenas e en comarcas coma O Barco ou O Morrazo. En Monforte de Lemos tivo lugar unha protesta e unha asamblea aberta e, en Tui, unha mobilización dende a Praza da catedral.

Foto: Indignados na Praza do Obradoiro/ @JMRC5678


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.