1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

191111_ddfGaliza - Diário de Ferrol - Polas xornadas de solidariedade con Palestina, que na actualidade está a desenvolver a Fundaçom Artabria no seu local social de Esteiro (Travesa de Batallóns, nº7), estivo onte Antón Gómez-Reino, membro de BDS e integrante da II Flotilla da Liberdade.


Ademais de falar das iniciativas desenvolvidas en favor do pobo palestino, Gómez-Reino debuxou un panorama da situación actual de violencia na que se encontra Oriente Medio.

En primeiro lugar, o activista explica a loita de DBS-Galiza: "Trátase dun colectivo internacional, que desenvolve no ámbito galego a campaña global de boicot, desinvestimentos e sancións a Israel, unha iniciativa civil e pacífica que pretende restaurar os agredidos dereitos do pobo palestino. Aquí, unha decena de asociacións levamos un ano e medio traballando, pero no ámbito mundial a iniciativa creouse en 2006. A plataforma non vai contra Israel como Estado, senón para que se cumpran as resolucións da ONU. Para iso solicitamos un boicot empresarial, cultural, deportivo e social contra o Estado de Israel"

Na súa charla, Antón Gómez-Reino falou de dúas clases de intervencións nas que participara: na Flotilla da Liberdade e nas iniciativas directas en Gaza e Cisjordania. Así, lembrou os ataques e asasinatos de activistas turcos en augas internacionais cando se dirixían nunha expedición de solidariedade ao pobo de Gaza en maio de 2010. Tamén falou da súa propia experiencia cando en xuño diversos barcos internacionais foron retidos nos portos gregos e non puideron partir cara Palestina. "Haberá unha nova flotilla", adiantou Antón. Por outra banda, falou da situación no chan palestino. "Nótase un incremento da violencia e as deportacións, incluso contra os colaboradores internacionais". En canto á solución ao conflito en Oriente Medio, Gómez-Reino é optimista. "A política de Israel cada vez está máis deslexitimada, e máis coa forza que está a ter Turquía, co sucedido nas primaveras árabes e o papel menor que están a xogar os Estados Unidos. ¿Un estado palestino? Iso será o que os palestinos queiran, o que teño claro é que a situación vai mellorar", engadiu. O activista acompañou a charla con imaxes e a proxección de dous pequenos documentais.

Programa > As actividades organizadas pola Fundaçom Artabria en solidariedade con Palestina continuarán hoxe (18), ás 20.30 horas, coa proxección do documental "Ocupación 101. A voz da maioría silenciada". O sábado, ás 22.00 horas, organizarán unha cea con pratos árabes, ao prezo de 10 euros. Trala comida haberá un coloquio con Fayez Khalaf, filólogo e analista da política no mundo árabe.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.