1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

180810_policianacionalferrolGaliza - Esculca - En liña con anteriores sentenzas deste mesmo órgao, a Sala Segunda do Tribunal Constitucional (TC) acordou o pasado 18 de xullo outorgar a D. Santiago Vigo Domínguez o amparo solicitado contra o sobresimento provisório e o arquivo das dilixéncias seguidas en virtude da denúncia por maus tratos que este formulara o 20 de xuño de 2008 perante o Xulgado de Instrución núm. 2 de Aranjuez.


Lembran os autores da sentenza que o TC xa se pronunciou en várias ocasións sobre as esixéncias derivadas do direito à tutela xudicial efectiva neste ámbito afirmando que se vulnera ese direito nos casos en que non se abre ou se clausura a instrución cando existen "suspeitas razoáveis de que se pudo cometer o delito" xa que "a respeito da investigación de indícios de tortura ou tratamentos cruéis, desumanos ou degradantes sofridos sob custódia de autoridades policiais, dos Acordos internacionais asinados por España e do próprio teor do art. 15 CE desprende-se un especial mandato de esgotar cantas posibilidades razoáveis de indagación resulten úteis para esclarecer os feitos". Mandato que non se executou no caso da denúncia formulada polo Sr. Vigo.

Os feitos denunciados

Os feitos obxecto da denúncia aconteceron o 14 de xuño de 2008, cando, despois de manter unha comunicación vis-à-vis con os seus pais e irmao, o Sr. Vigo foi cominado entre insultos a despir-se por funcionários do centro penitenciário Madrid VI, onde estava interno na altura, para lle ser praticado un rexisto integral. Unha vez despido, e como resposta à sua solicitude de unha bata ou prenda con que poder cobrir-se, os funcionários contestaron-lle literalmente "queremos verte el culo y la polla, por tanto, ponte en posición propicia para ello". Perante a negativa do Sr. Vigo a facer o que se lle ordenava, os funcionários arremeteron contra el con pontapés e puñadas e depois transladaron-no ao módulo de isolamento, onde continuaron os maus tratos e insultos e onde permaneceu mais de cuarenta e oito horas. O dia 17 de xuño foi recoñecido por un médico da prisión, quen emitiu parte de asisténcia por lesións en que fai constar a existéncia de vários hematomas e erosións.

O Sr. Vigo solicitou do Xulgado nº 2 de Aranjuez a abertura de investigacións ao obxecto de poder apurar as responsabilidades penais a que houver lugar, interesando que se lle tomase declaración en calidade de denunciante, que se lle praticase exame médico forense para determinar o alcance das suas lesións, que se librase o oportuno ofício ao Director da prisión para que facilitase a identificación dos funcionários que participaron nos feitos denunciados e se xuntasen à causa os informes emitidos polo médico-forense.

O Xulgado acordou abrir dilixéncias prévias e solicitou informe ao Director, que este remeteu o 1º de xullo acompañado dos correspondentes partes médicos e partes de incidéncias.

No seu relato dos feitos, ainda que recoñece que o Sr. Vigo fora instado por funcionários do centro a despir-se, o director da prisión oferece unha versión ben diferente. Segundo el os funcionários terian oferecido ao Sr. Vigo a bata regulamentar e este, mostrando-se agresivo, teria-se negado a despir-se, o que os obrigou reduci-lo pola forza e conduci-lo ao módulo de isolamento. Prova de que non houvo maus tratos, argumenta, é que o facultativo da prisión que recoñeceu o mesmo dia 14 de xuño o Sr. Vigo e non detectou lesión algunha, esquecendo asinalar que ese recoñecimento foi feito imediatamente despois dos feitos que provocaron a denúncia e, se algo mostran, é que o denunciante non tiña lesión física algunha antes do incidente pois as contusons tardan un tempo en se tornarense visíveis.

Si recoñece o director, no entanto, que no decurso de unha consulta periódica posterior (o 17 de xuño) , o médico detectou as lesións a que alude o Sr. Vigo no seu escrito de denúncia.

O TC outorga o amparo

Finalmente, dous anos decorridos desde o momento en que aconteceron os feitos e despois de teren sido desestimados os sucesivos recursos, alegando-se nalgunha ocasión "falta de toda credibilidade" à denúncia apresentada polo Sr. Vigo, o TC acordou o pasado 19 de xullo outorgar o amparo solicitado e, en consecuéncia, recoñecer que foi vulnerado o seu direito à tutela xudicial efectiva en relación con o seu direito a non ser submetido a torturas nen a tratamentos desumanos ou degradantes, restabelecendo portanto na integridade o seu direito e retrotrair as actuación ao momento anterior ao ditado do primeiro dos autos para que o Xulgado de Instrución núm. 2 de Aranjuez proceda en termos respeitosos con os direitos fundamentais vulnerados.
Cumpre sinalar que neste caso o Ministério Fiscal apoiou o outorgamento do amparo solicitado, argumentando que, tal como denunciara o Sr. Vigo, a decisión xudicial de sobreser e arquivar a causa penal non estivo precedida de unha invetigación xudicial suficiente e efectiva. Para provar este argumento, subliña por unha parte o carácter verosímil do relato do denunciante -apoiado nas lesións que certifica e na firmeza mantida na sua atribuición a funcionários do centro penitenciário- e pola outra o feito de, apesar destes indícios, non se ter acordado a prática de nengunha dilixéncia de investigación como, por exemplo, tomar declaración aos funcionários interesados ou aos facultativos que expediron os respectivos partes.

Argumentos que os maxistrados do TC retoman na sua sentenza, onde asi mesmo salientan que nas ocasións anteriores en que tivo de se pronunciar sobre as esixéncias derivadas do direito à tutela xudicial efectiva en relación con as decisións xudiciais de sobresimento e arquivo de causas penais incoadas por denúncias de torturas ou de tratamentos desumanos ou degradantes " este Tribunal destacou, seguindo a xurisprudéncia do Tribunal Europeu de direitos Humanos sobre este particular (...) que o direito à tutela xudicial efectiva de quen denuncia ter sido vítima de torturas ou de tratamentos desumanos ou degradantes esixe unha resolución motivada e fundada en Direito e acorde con a proibición absoluta de tais condutas, en que se 'há de ter en conta a gravidade da quebra desta proibición e o tipo de actividade xudicial necesária para a preservar dadas a sua difícil detectabilidade e a especial dependéncia a respeito desa actividade xudicial da indenidade da dignidade da persoa, obxecto central de protección da proibición. É de salientar en tal sentido que se trata de unha tutela xudicial dobremente reforzada que non acha comparación noutras demandas de auxílio xudicial, pois se pede a tutela xudicial frente à vulneración de un direito fundamental que constitui un direito absoluto cuxa indenidade depende esencialmente desa tutela xudicial'".

Esta xurisprudéncia, argumentan os maxistrados da Sala 2ª, subliña tamén que nestes casos "o direito à tutela xudicial efectiva só se satisfai se se produz unha investigación do denunciado que sexa à sua vez suficiente e efectiva, pois a tutela que se solicita consiste inicialmente en que se indague sobre o acontecido. Tais suficiéncia e efectividade só poden ser avaliadas con as circunstáncias concretas da denúncia e do denunciado, e desde a gravidade do denunciado e a sua prévia opacidade, trazos ambos que afectan o grau de esforzo xudicial esixido polo art. 24.1 CE".


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.