1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (1 Votos)

120810_celaGaliza - Comités de Solidariedade - Tres anos illado; este último completamente só as 24 horas do día.


«Da miña situación... a verdade é que se mantivo invariábel nestes xa case tres anos que levo por aquí. Claro que logo de tantos anos de cárcere, ás condicións de vida e encarceramento, a verdade, doulle pouca importancia. Talvez por iso non me din moita presa en respondervos. En calquera caso, máis vale tarde que nunca...

Aquí, nesta cadea, os presos políticos (en Primeiro Grao), estamos distribuídos polos diferentes Módulos: un compañeiro de ETA no Módulo 4, outros dous no Módulo 2 e eu no 1. Evidentemente, estamos en réxime pechado. Polas mañás, permanecemos dentro das celas até as 15:00 horas, cando me baixan ao patio xeral aproveitando que os demais presos están nas celas facendo a sesta.

Así que de 15:00 a 17:00 corro media hora, outra de exercicios de quecemento, a ducha e un pequeno paseo porque ás cinco, ao baixar das celas os presos sociais, cámbianme ao patio que hai detrás do Módulo, que en realidade é pouco máis que un pequeno corredor. E aí estou recluído até as sete que volven a subirme á cela.

Outra das características desta cadea é que os presos políticos en Primeiro Grao temos prohibido o acceso a calquera tipo de actividades. Non podemos salir ao polideportivo nin á biblioteca nin participar en ningún tipo de actividade que programe o Centro. En realidade, non saímos do Módulo non sendo para ira á enfermaría.

Tamén teño problemas coas chamadas telefónicas co meu irmán Suso, que está na cadea de Badajoz. Por unha parte, só nos conceden dúas chamadas ao mes cando en realidade nos corresponderían catro. Pola outra, mentres chama, cóllenllo na central, a central pasan a chamada ao Módulo e vannos buscar ao patio, a chamada de cinco minutos acúrtasenos a tres ou dous e incluso ao un minuto. En ocasións mesmo Suso ten que gastar dúas e até tres chamadas do total de oito que ten para toda a semana.

Até setembro do anos pasado compartía Módulo con outro compa de ETA, Txabi, pero ao saír en liberdade quedei só e así sego. Así que o meu outro eu e as súas circunstancias, pobre, o teño queimado de todo coas chapas que lle dou fronte ao espello. Iso si, aínda está por ver a primeira vez que non me dá a razón...

Polo demais a política de Dispersión segue intensificándose e recruándose, ao igual que ocorre na rúa coa varrida das liberdades políticas e sindicais e os dereitos sociais e laborais e o conseguinte aumento da represión. Á intervención e censura nas comunicacións e correspondencia, á prohibición de comunicar vis a vis con amigos/as, ás pexas e restricións crecentes do número de amigos que poden vir vernos, ao illamento de espallarnos cada vez por un maior número de cárceres e dentro delas, etc, etc, véuselle a engadir agora a canallada de querer impor rexistros humillantes aos nosos familiares nas comunicacións familiares ou íntimas.

Fracasadas todas e cada unha das políticas de arrepentimento, recorren ao único que lles queda: á represión pura e dura e sen ningún tipo de disimulo... Porén, despois de cerca de 35 anos combatendo nas peores condicións inimaxinábeis, modestia aparte, somos uns expertos e, como se soe dicir, "pican en oso"...»

Paco Cela Seoane

Prisión de Villanubla

47071 VILLANUBLA (Valladolid)

*Paco Cela, veciño da Coruña, estivo preso máis de vinte anos por militar nos GRAPO, saíndo en liberdade no ano 2005. Novamente detido leva tres anos detrás das reixas como preso preventivo do PCE(r). O ano pasado, tras un desfalecemento na prisión de Villanubla, detectáronlle unha diabete que o obriga a se pinchar insulina a diario.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.